Saltar navegación.
Inicio

De excursión a Marte

O IES Marco do Camballón xa está no planeta vermello.

O pasado 18 de febreiro, o róver Perservarance pousouse con éxito na superficie de Marte. Este é o proxecto principal da misión Mars2020 da NASA, que busca rastrexar evidencias de vida no planeta veciño. Prevese que o róver estea operativo en superficie uns dous anos, tempo no que buscará trazas de organismos extintos no cráter Jezero, que noutrora formou unha lagoa que se cre que puido albergar algún tipo de forma de vida nun pasado remoto.

Para esta misión, a NASA fixo un chamamento a todas aquelas persoas que quixeran enviar o seu nome ao planeta vermello.  O róver Perseverance leva incorporadas tres pequenas láminas de silicio cos nomes gravados dos participantes na convocatoria.

Un deses nomes é o do IES Marco do Camballón. Foi enviado por alumnado de 1º BAC do curso 2019-20, polo que, xa desde o pasado 18 de febreiro, o noso centro xa está en Marte!

A NASA enviou aos participantes unha tarxeta de embarque na misión que podedes descargar abaixo.

 

 

 

Poñemos en marcha o CamballónFilmFest

O martes 22 de decembro organizamos no centro o CamballónFilmFest, un festival de curtametraxes de factura galega. No programa proxectaremos varias curtas de realizadores galegos que foron premiadas nos últimos ano. Con esta iniciativa pretendemos que o alumnado se achegue a algunhas destas creación a fin de coñecer o que se fai nese ámbito do audiovisual galego.

Aquí podes consultar o programa e as sinopses das curtas.

 

 

 

Baixo o mesmo paraugas. Día Internacional da Discapacidade

Desde o IES Marco do Camballón quixemos aportar o noso gran de area a prol da inclusión e da diversidade, entendida como algo enriquecedor para a sociedade en xeral e para a nosa comunidade educativa en particular.
Por iso, este ano unímonos á iniciativa "Baixo o mesmo paraugas" para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade coa realización dun vídeo que podedes ver máis abaixo.
 
Moitas grazas a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente pola vosa implicación e colaboración.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Todos os días son 25N! Contra a violencia machista

O alumnado de Psicoloxía de 2º BAC elaborou un manifesto para o 25 de Novembro co obxectivo de provocar a reflexión e crítica da violencia machista, tipos, orixe, formas, facendo fincapé en que en tempos de pandemia o coronavirus non foi nin é o único virus que nos está matando.

Por outro lado, tamén deixamos nesta entrada imaxes do acto conxunto celebrado no IES a propósito desta xornada.

Todos os días son 25 de Novembro!

 

Accede ao manifesto (ligazón)

 

 

Curtas documentais sobre a COVID

As alumnas de 4º ESO Alba Guzmán Camino e Mónica Teixeira Dinís elaboraron dúas curtas documentais relativas á actual situación da COVID.

O proxecto de Alba recolle cales son as principais medidas de protección que se implementaron no noso centro. O de Mónica compara as medidas de protección das escolas galegas coas portuguesas. 

Queremos agradecer o traballo destas alumnas pois os seus resultados son moi interesantes. Parabéns!

Dúas regueifeiras do Camballón na TVG

Improvisadoras e alunas do noso instituto, Nuria Penas e Lorena Medela comezan a súa participación no programa Luar da TVG, no concurso "Vai de regueifa".
 
Lorena Medela e Nuria Penas cursaron a materia optativa "Regueifa e improvisación oral en verso" e veñen participando nas atividades da Regueifesta, Enreguéifate ou o Certame Escolar de Regueifa de Valadares desde que comezaron a regueifar no Marco do Camballón.
 
En diferentes viaxes de estudos, viaxaron a Euskal Herria, Catalunya ou Madeira para participar en encontros internacionais de improvisaçom cantada e forman parte da "Nova Regueifa Feminista", movemento de renovación do repente galego.
 

Reunión de inicio de curso coas familias (curso 2020-21)

Convocamos ás familias do alumnado de ESO e BAC a unha reunión informativa de inicio de curso coas titoras/es dos grupos. 

Información sobre o Fondo de libros

Xa está disponíbel no centro a listaxe de libros adxudicados do Fondo de libros. Serán repartidos ao inicio da actividade lectiva.

Novas datas de inicio do curso 2020-21

O inicio de curso retrásase para os días 23, 24 e 25 de setembro segundo niveis. A continuación detallamos a información.

Matrícula de alumnado da convocatoria de setembro

O alumnado que se presentou á convocatoria de setembro deberá formalizar a matrícula (se non o fixo en xuño) o día de entrega de cualificacións, o venres 4 de setembro até as 14 h. 

Deberá achegar fotocopio do DNI e unha foto tamaño carné. Asimesmo, o alumnado que se matricule en 3º ESO ou superior, deberá pagar as taxas do seguro escolar.

Distribuir contido