Saltar navegación.
Inicio

Benvidas á nosa web

Rúa do Camballón, nº24, 36590- Vila de Cruces (Pontevedra)
Tlfno.: 886151731    Fax: 886151739
ies.marco.camballon@edu.xunta.gal 
   
 

Eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar: Sorteo dos membros da Xunta Electoral

En cumprimento da RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, o sorteo dos membros da Xunta Electoral terá lugar o día 18 de outubro ás 11.30 h na secretaría do centro.

A Xunta Electoral Estará integrada pola directora do centro, un profesor/a, un pai/nai/titor-a legal, un representante do PAS, e un alumno/a de educación secundaria obrigatoria, designados os catro últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes.

Unha vez realizado o sorteo, serán enviadas as citacións aos membros titulares e suplentes para a constitución da Xunta Electoral, indicando a data e a hora.

Xuntanza titores/as-familias de inicio de curso 2024-25

Informamos de que a vindeira semana terán lugar as reunións titores/as-familias de inicio de curso. A continuación especifícase, para cada un dos grupos, o día, hora e lugar no que terá lugar a xuntanza cos titores/as:

1º da ESO A:

  • Luns, 30 de setembro ás 17.30 h na aula Manuel Dobarro. Presentación co Equipo Directivo. 
  • Luns, 30 de setembro ás 18 h na aula 101. Presentación coa titora: Dª. Araceli Costoya Taboada. 

1º da ESO B:

  • Luns, 30 de setembro ás 17.30 h na aula Manuel Dobarro. Presentación co Equipo Directivo. 
  • Luns, 30 de setembro ás 18 h na aula 102. Presentación coa titora: Dª. Ana María Formoso Remesar.

2º ESO:

  • Luns, 30 de setembro ás 18 h na aula 202. Presentación coa titora: Dª. María José López Pose.

3º ESO:

  • Luns, 30 de setembro ás 17 h na aula 103. Presentación coa titora: Dª. Iria Piñeiro Sendón.

4º ESO A:

  • Luns, 30 de setembro ás 17 h na aula 201. Presentación coa titora: Dª. Ana Piñeiro Ríos.

4º ESO B:

  • Luns, 30 de setembro ás 17 h na aula 209. Presentación coa titora: Dª. Mª Josefa Conde Fernández.

1º Bacharelato:

  • Luns, 30 de setembro ás 18 h na aula 306. Presentación co titor: D. Santiago Peleteiro Prada.

2º Bacharelato:

  • Mércores, 2 de outubro ás 18 h na aula 310. Presentación co titor: D. Xosé Díaz Díaz.

 

En ditas reunións proporcionarase diversa información relativa á organización e funcionamento do centro, así como outra específica de titoría que cómpre coñecer.

Inicio de curso 2024-25

O día 11 de setembro comeza o curso 2024-25. De 9.00 a 9.50 h, o alumnado reunirarse na aula co profesorado responsable de cada titoría, onde se lles facilitará o horaro así como varias informacións sobre o funcionamento e organización do centro. A partir das 9.50 h seguirán as clases segundo o horario.

O alumnado deberá agardar na porta asignada a ser chamado para a súa entrada ao edificio do centro. Accesos:

  • Porta 1: Alumnado CM Atención a persoas en situación de dependencia
  • Porta 2: Alumnado 1º e 2º ESO
  • Porta 3: Alumnado 3º ESO e CM Soldadura e Caldeiraría
  • Porta 4: Alumnado 4º ESO, BAC e FPB

Disporase de servizo de comedor, cafetería e transporte, dado que ao coincidir inicio de curso o mércores, teñen clase pola tarde os cursos de 1º ESO, 2º ESO, FP Básica e Ciclos Medios. 

Vales para adquirir material escolar

Informamos que están dispoñibles para a súa retirada os vales para adquirir material escolar para o curso 2024/2025. 

As persoas que solicitaran e lle fora concedida a axuda, poden efectuar a recollida do vale no centro educativo. 

Libros de texto curso 2024-25

Nos documentos adxuntos pode consultarse a listaxe de libros de texto para os cursos da ESO e Bacharelato para o próximo ano académico 2024-25. 

Os cheques para material escolar para alumnado da ESO serán entregados ao comezo de curso. Asemade, recordamos que non se dispón actualmente de banco de libros do centro. 

Na Formación Profesional de grao básico e medio, o profesorado dos distintos módulos dará as indicacións ao alumnado sobre a adquisición de libros de texto ao inicio do curso.

Participación na fase final do Parlamento Xove

Alumnado de 4º de ESO do instituto acompañado da coordinadora, a profesora de Iria Piñeiro, participa mañá na final do programa Parlamento Xove.

Formalización da matricula curso 2024-2025

O alumnado que promocione ou titule neste curso deberá formalizar a matrícula para o curso seguinte do

25 de xuño ao 7 de xullo, en horario de 10 a 13 h 

A entrega de notas está prevista para o 25 de xuño ás 11.00 h. O alumnado deberá recoller nese momento o sobre de matrícula coa documentación necesaria.

Probas finais nos ciclos medios

Nesta entrada pódense consultar, nos documentos adxuntos, as datas e horas fixados para as probas finais/extraordinarias nos ciclos medios de SOLCA e APSD. 

25 ANIVERSARIO DO INSTITUTO

O próximo venres 31 de maio celebramos os 25 anos do instituto. As 16:30 terá lugar un acto no auditorio do Concello, para con posterioridade transladarnos ao instituto a tomar un pinchos.

Toda persoa relacionada coa historia do instituto está invitada a participar: alumnos, exalumnos, nai, pais,...

Por problemas de aforo, necesitamos saber quen pensa acudir aos pinchos, para elo cubre o seguinte formulario: inscrición quero ir aos pinchos

 

Distribuir contido