Participamos no último lanzamento da NOSA
Enviado por admin o Xov, 23/05/2024 - 05:12Este mércores 22 de maio, o alumnado de 4º ESO do IES Marco do Camballón participou no lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat VI, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela ás 13 h.A actividade está organizada pola NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega, da que forman parte outros cinco centros públicos do país canda o noso: CPI O Cruce (Cerceda), IES Miraflores (Oleiros), IES Xelmírez II (Santiago de Compostela), IES Ramón Caamaño (Muxía) e CEE de Panxón (Nigrán).
A cápsula montaba os experimentos da chamada Misión asubIA, en referencia ás potencialidades da intelixencia artificial que se incorporaron. Son os seguintes:
- Un levitador para medir as variacións de velocidade de transmisión do son en altitude. Este experimento foi proposto pola intelixencia artificial, en concreto pola ferramenta coñecida como ChatGPT.
- Dous experimentos biolóxicos, unha mostra de ADN e outra dun fungo liofilizado para estudar como lles afectan condicións atmosféricas extremas.
- Unha placa peltier que transforma as baixas temperaturas exteriores en voltaxe, de xeito que nun lanzamento futuro poida ser empregalo como fonte de alimentación doutros dispositivos internos.
- Un localizador LoRa, deseñado por alumnado, para rexistrar coordenadas de posición.
- Unha radiosonda para medición de variábeis atmosféricas, que servirán para unha análise numérica e tamén para a elaboración da harmonía musical do ascenso co emprego da ferramentas de intelixencia artificial.
Fondo libros e axudas para adquisición de libros e material escolar - Curso 2024/25
Enviado por admin o Mér, 22/05/2024 - 05:46No documento adxunto pódese consultar a información relativa á convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros e material escolar para o curso 2024/25.
Xúntanse tamén os anexos I e II para a presentación de solicitudes, en prazo ata o 21 de xuño de 2024.
Sergio Rey, do IES de Cacheiras, ganha o “I Prêmio Escolar Internacional de Livros de Cordel”
Enviado por admin o Mér, 15/05/2024 - 11:50O Clube da Língua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces vém de fazer público o ganhador galego do “I Prêmio Escolar Internacional de Livros de Cordel”, coorganizado com o instituto Rochael de Medeiros de Recife, Brasil. O premiado é Sergio Rey Dalama, de 13 anos, e estudante de 1º de ESO no IES de Cacheiras.
Entrega boletín de notas de 2º Bacharelato
Enviado por admin o Mar, 14/05/2024 - 07:06A entrega do boletín das notas de avaliación ordinaria do curso de 2º de Bacharelato será o mércores día 15 as 11:00 na aula de referencia do grupo.
Renovación da concesión do servizo de cafetería
Enviado por admin o Xov, 18/04/2024 - 04:47O servizo de cafetería do centro vai ser renovado á mesma persoa que xa o estaba prestando, Patricia Cea.
Dadas as condicións actuais de subidas de prezos, a persoa adxudicataria fixo chegar uns escrito no que notifica ao centro a posible subida de precio de aqueles productos non regulados pola consellería, axustando o precio destes productos a subida do IPC.
Adxuntamos a esta nova o escrito remitido por Patricia Cea. Este escrito xa foi trasladado ao Claustro e ao Consello Escolar.
Participación en "Parlamento Xove". Clasificados para a final
Enviado por admin o Ven, 08/03/2024 - 10:12ACTUALIZACIÓN: O equipo acadou o octavo posto, de vinte e tres centros participantes, co que está clasificado para a final. Un gran exito polo cal as alumnas Nerea Canda, Nerea Chacón, Daniela del Río e Xiana Sánchez, así como a profesora Araceli Costoya, merecen todas as nosas felicitacións.
Podedes ver as súas intervencións:
Alumnado de 4º de ESO do instituto acompañado da coordinadora, a profesora de Araceli Costoya, participa este fin de semana na fase clasificatoria do programa Parlamento Xove.
Acreditación de competencia dixital do alumando
Enviado por admin o Mér, 06/03/2024 - 06:24O pasado venres publicouse a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.
Nesta resolución indícase que:
- os alumnos que titulen na ESO acadarán unhas competencias dixitais de nivel básico, podendo acadar unha certificación de nivel intermedio mediante unha proba de acreditación.
- Os alumnos que titulen en Bacharelato acadarán unhas competencias dixitais de nivel intermedio, podendo acadar unha certificación de grado 4 do nivel intermedio mediante unha proba de acreditación.
A inscrición para as probas de acreditación terá que facerse antes do día 15 de marzo, sendo a realización das probas nos meses de abril e maio. Para inscribirse deberá entregarse cuberto o anexo IV que figura na resolución.
No seguinte enlace está toda a información relativa ás probas así como unha demo de como sería a proba de acreditación: Competencia dixital do alumnado
Proceso de admisión para o curso 2024/25 e postos vacantes
Enviado por admin o Xov, 29/02/2024 - 18:59O alumnado procedente de centros adscritos, que presentou reserva de praza neste instituto, resultou admitido. Pode consultarse a listaxe de admitidos no taboleiro situado no interior do centro.
O prazo de solicitude de admisión para o alumnado que non procede dos centros adscritos, abrangue do 1 e 20 de marzo de 2024. Nos documentos adxuntos pódense descargar os impresos para realizar a admisión, asi como as prazas vacantes no noso centro.
Premendo en "Leer máis" pódense consultar os prazos destacados a ter en conta no procedemento de admisión e a lexislación que regula o proceso.
I Prêmio Escolar Internacional de Livro de Cordel
Enviado por admin o Xov, 25/01/2024 - 05:44A literatura de cordel é um género de literatura popular em verso. Recebe o seu nome dos chamados pregos ou livros de cordel. É um género com dimensão oral e escrita.
O Camballón vence en Valadares
Enviado por admin o Sáb, 02/12/2023 - 04:45- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »