Saltar navegación.
Inicio

Acreditación de competencia dixital do alumando

O pasado venres publicouse a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

 

Nesta resolución indícase que:

  • os alumnos que titulen na ESO acadarán unhas competencias dixitais de nivel básico, podendo acadar unha certificación de nivel intermedio mediante unha proba de acreditación.
  • Os alumnos que titulen en Bacharelato acadarán unhas competencias dixitais de nivel intermedio, podendo acadar unha certificación de grado 4 do nivel intermedio mediante unha proba de acreditación.

 

A inscrición para as probas de acreditación terá que facerse antes do día 15 de marzo, sendo a realización das probas nos meses de abril e maio. Para inscribirse deberá entregarse cuberto o anexo IV que figura na resolución.

No seguinte enlace está toda a información relativa ás probas así como unha demo de como sería a proba de acreditación:  Competencia dixital do alumnado