Saltar navegación.
Inicio

Participación en "Parlamento Xove". Clasificados para a final

ACTUALIZACIÓN: O equipo acadou o octavo posto, de vinte e tres centros participantes, co que está clasificado para a final. Un gran exito polo cal as alumnas Nerea Canda, Nerea Chacón, Daniela del Río e Xiana Sánchez, así como a profesora Araceli Costoya,  merecen todas as nosas felicitacións.

Podedes ver as súas intervencións:

  • SALA A no tempo 1:02:15 aquí
  • SALA B no tempo 7:02:15 aquí
  • SALA C no tempo 9:23:36 aquí

 

Alumnado de 4º de ESO do instituto acompañado da coordinadora, a profesora de Araceli Costoya, participa este fin de semana na fase clasificatoria do programa Parlamento Xove.

O Parlamento Xove é un programa da Xunta de Galicia baseado nunha formación e competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. Este ano a fase clasificatoria celébrase no Carballiño.

Aqueles que non poidan acercarse a animar ao noso equipo,  poden seguilo na canle oficial da Xunta de Galicia, nos seguintes enlaces:

 
 
 

O cadro de emparellamentos resultante do sorteo estará ao voso dispor na páxina web do programa: http://xuventude.xunta.es/parlamento-xove