Saltar navegación.
Inicio

Inicio do curso 2021-22

O día 15 de setembro comeza o curso 2021-22. De 9.00 a 9.50 h, o alumnado reunirase na aula co/a profesor/a titor/a, onde se lles facilitará o horario así como varias informacións sobre funcionamento e organización do centro. A partir das 9.50 h seguirán as clases segundo o horario.

Información para o alumnado de BAC e FP que queira facer uso do transporte escolar

Neste curso, o alumnado non pertencente á ESO non pode ser inscrito como usuario de transporte escolar gratuíto, polo que tería que facer uso deste servizo como liña regular facendo o pago do billete correspondente ao traxecto.

Entrega de notas da convocatoria de setembro

O boletín de notas da cualificacións entregarase o luns 6 de setembro ás 10 h.

O período de reclamacións e matrícula terá lugar do 6 ao 8 de setembro até as 13 h.

Libros de texto para o curso 2021-22

Podedes consultar a información sobre libros de texto para o curso 2021-22.

Calendario de probas extraordinarias da convocatoria de setembro

Nesta entrada podedes consultar o calendario de probas da convocatoria extraordinaria de setembro (curso 2020-21).

Sae o cuarto número de Marco Numérico

O presente volume ten carácter monográfico e está centrado na análise dos  datos asociados á pandemia da COVID.

Marco Numérico é a publicación de investigación matemática do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), onde se recollen traballos realizados por alumnado do centro. A revista, de periodicidade anual e xurdida no curso 2017-18 a iniciativa do departamento de matemáticas do centro, quere recoller os traballos de investigación realizados polo alumnado, tomando as matemáticas como eixo central. Os traballos, suxeitos aos estándares de rigor e forma propios do ámbito académico, deben ser orixinais en canto á metodoloxía empregadas, coidar a formulación e contraste de hipótesis e a elaboración de conclusións propias. 

Para este último número, o alumnado traballou en exclusiva sobre datos asociados á COVID. O actual contexto pandémico puxo de relevo a importancia de comprendermos os conxuntos de datos, co obxectivo de prever a evolución futuro e anticipar certas decisións. Neste sentido, a pandemia puxo ante a sociedade un volume moi amplo de información que debe correctamente analizada de xeito que sexamos quen de estimar e anticipar a súa evolución futura, mesmo en contextos altamente volatis como o que estamos a vivir.

Polinomio de Lagrange na interpolación da COVID durante o confinamento

Diferenzas divididas na evolucion da mortalidade por COVID

Interpolacións comparadas na pandemia da COVID en Galiza

O teorema de Bayes na detección da COVID-19

Inferencia bayesiana na interpretación dos tests de diagnostico da COVID-19

Incidencia da mobilidade na evolución da COVID

Información para as familias sobre o equipamento e-Dixgal

Achegamos información de interese sobre o equipamento e-Dixgal.

Matrícula para o curso 2021-22

O alumnado que supere o curso na convocatoria de xuño ou ben que suspenda un máximo de dúas materias deberá formalizar a matrícula para o curso seguinte do 24 ao 30 de xuño, en horario de 10 a 13 h.

A entrega de notas está prevista para o 24 de xuño ás 11.30 h. O alumnado deberá recoller nese momento o sobre de matrícula coa documentación necesaria.

Para o caso do alumnado que se matricule en 1º ESO, xunto co sobre de matrícula deberá entregar tamén 2 fotos tamaño carné, copia do boletín de cualificacións de 6º EP e copia do documento de identidade.

A escola das avoas

O alumnado de 2º e 3º da ESO do IES Marco do Camballón impulsou este proxecto audiovisual de memoria histórica e colectiva.
Máis de 25 persoas, avoas e avós, bisavoas e bisavós, foron entrevistadas arredor dunha pregunta: Como era a escola na época de Franco? Ademais das avoas, contamos coa colaboración póstuma dun dos nosos veciños que máis ten reflexionado sobre aquela etapa histórica: Xosé Neira Vilas.
O alumnado gravou cos seus teléfonos móbiles avoas, avós e veciñanza e o resultado converteuse neste documentario que deixa ver que a escola franquista, resultado dun golpe de estado, a escola que educou as crianzas que despois foron as nosas avoas e bisavoas, e que se mantivo durante 40 anos, foi unha escola clasista, sexista, que marxinaba a lingua galega, e especialmente violenta, física e psicolóxicamente. Os malos tratos, a precariedade de recursos, a represión e o autoritarismo conviven coas lembranzas de quen viviu a escola con alegria, como lugar de reunión e xogos e de socialización fundamental.Agradecemos de corazón a participación das persoas que fixeron posíbel este documentario, un tesouro da nosa memoria colectiva.

Probas finais de SOLCA e APSD

Achegamos calendarios de probas finais dos ciclos medios de formación profesional de SOLCA e ASPD.

Distribuir contido