Saltar navegación.
Inicio

Inicio do curso 2021-22

O día 15 de setembro comeza o curso 2021-22. De 9.00 a 9.50 h, o alumnado reunirase na aula co/a profesor/a titor/a, onde se lles facilitará o horario así como varias informacións sobre funcionamento e organización do centro. A partir das 9.50 h seguirán as clases segundo o horario.

 


  

PRESENTACIÓN COAS FAMILIAS

Convocamos ás familias a unha reunión informativa co/a profesor/a titor/a do grupo o día 14 de setembro, segundo o seguinte horario:

 

NIVEL HORA
1º e 2º ESO 10.00-11.00
3º e 4º ESO 11.00-12.00
1º e 2º BAC 12.00-13-00

 

As familias de 1º, 2º e 3º ESO agardarán ante a porta sinalada na fachada lateral (fronte a rotonda); as familias de 4º ESO e BAC farano pola porta principal (ante o aparcadoiro). Serán chamadas polo/a profesor/a titor/a, que as acompañará até a aula.