A escola das avoas
Enviado por admin o Ven, 28/05/2021 - 03:48
O alumnado de 2º e 3º da ESO do IES Marco do Camballón impulsou este proxecto audiovisual de memoria histórica e colectiva.
Máis de 25 persoas, avoas e avós, bisavoas e bisavós, foron entrevistadas arredor dunha pregunta: Como era a escola na época de Franco? Ademais das avoas, contamos coa colaboración póstuma dun dos nosos veciños que máis ten reflexionado sobre aquela etapa histórica: Xosé Neira Vilas.
O alumnado gravou cos seus teléfonos móbiles avoas, avós e veciñanza e o resultado converteuse neste documentario que deixa ver que a escola franquista, resultado dun golpe de estado, a escola que educou as crianzas que despois foron as nosas avoas e bisavoas, e que se mantivo durante 40 anos, foi unha escola clasista, sexista, que marxinaba a lingua galega, e especialmente violenta, física e psicolóxicamente. Os malos tratos, a precariedade de recursos, a represión e o autoritarismo conviven coas lembranzas de quen viviu a escola con alegria, como lugar de reunión e xogos e de socialización fundamental.Agradecemos de corazón a participación das persoas que fixeron posíbel este documentario, un tesouro da nosa memoria colectiva.
A escola das avoas (acceso).