Saltar navegación.
Inicio

Sae o cuarto número de Marco Numérico

O presente volume ten carácter monográfico e está centrado na análise dos  datos asociados á pandemia da COVID.

Marco Numérico é a publicación de investigación matemática do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), onde se recollen traballos realizados por alumnado do centro. A revista, de periodicidade anual e xurdida no curso 2017-18 a iniciativa do departamento de matemáticas do centro, quere recoller os traballos de investigación realizados polo alumnado, tomando as matemáticas como eixo central. Os traballos, suxeitos aos estándares de rigor e forma propios do ámbito académico, deben ser orixinais en canto á metodoloxía empregadas, coidar a formulación e contraste de hipótesis e a elaboración de conclusións propias. 

Para este último número, o alumnado traballou en exclusiva sobre datos asociados á COVID. O actual contexto pandémico puxo de relevo a importancia de comprendermos os conxuntos de datos, co obxectivo de prever a evolución futuro e anticipar certas decisións. Neste sentido, a pandemia puxo ante a sociedade un volume moi amplo de información que debe correctamente analizada de xeito que sexamos quen de estimar e anticipar a súa evolución futura, mesmo en contextos altamente volatis como o que estamos a vivir.

Polinomio de Lagrange na interpolación da COVID durante o confinamento

Diferenzas divididas na evolucion da mortalidade por COVID

Interpolacións comparadas na pandemia da COVID en Galiza

O teorema de Bayes na detección da COVID-19

Inferencia bayesiana na interpretación dos tests de diagnostico da COVID-19

Incidencia da mobilidade na evolución da COVID

Número básico de reprodución no control de epidemias

Aplicación do modelo SIR aos contextos COVID galego e cruceño

Distribución de probabilidade da curva de casos COVID

Estratexia de contención ante a pandemia. Unha solución desde teoría de xogos

Intervalos de confianza para a media de casos COVID diarios

 O volume conta cun limiar do profesor de Ángel Carracedo, da USC.

 

AdxuntoTamaño
Marco Numérico (vol. 4)6.27 MB