Presentación coas familias
Enviado por admin o Ven, 23/09/2022 - 06:27Convocamos ás familias a unha reunión informativa co/a profesor/a titor/a do grupo o día 28 de setembro ás 18:00 horas. Indícase no cadro os cursos convocados:
Ciclos formativos con prazas dispoñibles
Enviado por admin o Ven, 09/09/2022 - 09:02Ata o 23 de setembro permanece aberto o prazo de matrícula en ciclos formativos con prazas dispoñibles.
No caso do noso centro hai prazas libres nos tres ciclos que se imparten:
- Ciclo medio de Soldadura e caldeiraría
- Ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia
- Ciclos básico de Servizos administrativos
As persoas interesadas en matricularse nestas ensinanzas deberán formalizar a matrícula no centro educativo, que se realizará por orde de chegada.
Inicio do curso 2022-23
Enviado por admin o Mar, 06/09/2022 - 04:15O día 8 de setembro comeza o curso 2022-23. De 9.00 a 9.50 h, o alumnado reunirarse na aula co/a profesro/a titor/, onde se lles facilitará o horaro así como varias informacións sobre o funcionamento e organización do centro. A partir das 9.50 h seguirán as clases segundo o horario.
O alumnado deberá agardar na porta asignada a ser chamado para a súa entrada ao edificio do centro. Accesos:
- Porta 1: Alumnado CM Atención a persoas en situación de dependencia
- Porta 2: Alumnado 1º e 2º ESO
- Porta 3: Alumnado 3º ESO e CM Soldadura e Caldeiraría
- Porta 4: Alumnado 4º ESO, BAC e FPB
Reunión do profesorado de inicio de curso 2022/23
Enviado por admin o Sáb, 20/08/2022 - 16:42O xoves 1 de setembro ás 10:30 horas terá lugar unha reunión de profesorado con destino no centro, con motivo do inicio do curso 2022/23.
O profesorado que obtivera destino no instituto na resolución definitiva do CADP pode proporcionar os seus datos (nome, apelidos, especialidade e conta de correo corporativo) no enderezo electrónico ies.marco.camballon@edu.xunta.gal
"O poeta que baila", premio á innovación educativa
Enviado por admin o Mar, 26/07/2022 - 16:24A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Formación Profesional acaban de resolver a convocatoria de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística durante o curso 2021-2022, e un dos cinco premios foi para o IES Marco do Camballón, polo proxecto que leva por nome “O poeta que baila”, realizado conxuntamente entre o Clube da Lingua e o IES do Milladoiro.
A idea afonda no vínculo coa música que ten a obra literaria do escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, a quen estivo dedicado este ano o Día das Letras Galegas, e inclúe unha fusión de baile, música, literatura e lingua arredor da obra do autor. Entre as propostas figurou a gravación dun videoclip coa participación de vinte estudantes e docentes do instituto cruceño xunto ao músico Xabier Díaz, onde houbo protagonismo para o poema Pandeirada do escritor ourensá. No relativo ás imaxes, a dirección audiovisual estivo a cargo da ex alumna Nerea Fiúza. Asemade, tamén se gravou o tema en estudo. No caso do instituto do Milladoiro, o seu traballo estivo centrado en analizar os ritmos latinos e a súa presenza na obra de Florencio Delgado.
Este galardón, dotado de 2000 euros, súmase a outro obtido anteriormente neste curso, o premio de educación Antonio Fraguas, co que se recoñece o proxecto “Ao son da oralidade”, tamén xunto ao IES do Milladoiro. Neste caso a iniciativa estivo centrada na oralidade de dous territorios moi próximos, nunha viaxe no tempo dende a Prehistoria ata a actualidade, vinculada tamén ao patrimonio e dende diferentes disciplinas.
Libros de texto para o curso 2022-2023
Enviado por admin o Ven, 22/07/2022 - 08:59Pódese consultar nos documentos adxuntos a relación de libros de texto para o próximo curso.
Mantense o banco de libros do centro nos cursos de 2º e 4º da ESO. Poderase optar ao préstamo de libros cumprimentando unha solicitude que será entregada ao inicio das clases, debendo ordenar os libros por orde de preferencia, os cales se irán asignando segundo existencias.
O cheque para material escolar tamén será entregado ao inicio de curso.
O alumnado de 2º de SOLCA acada a segunda posición no certame Cooperativismo no ensino
Enviado por admin o Mar, 24/05/2022 - 03:12Aberto o prazo para participar no Fondo Libros
Enviado por admin o Xov, 19/05/2022 - 05:41Aquí podedes consultar a información e anexos para participar no Fondo Libros (axudas de cheque para material).
O alumnado de FP Básica presenta o proxecto “a miña horta é a túa”
Enviado por admin o Lun, 09/05/2022 - 07:03O pasado mércores 4 de maio, aproveitando que foi día de feira na nosa vila, o alumnado de FP Básica acudiu á praza do concello para presentar o proxecto “a miña horta é a túa” promovido pola Fundación Baiuca Verdescente. O alumnado participou no deseño e organización deste acto en colaboración coa fundación, no que se presentou este proxecto á poboación do concello.
O proxecto “a miña horta é a túa” leva anos funcionando no concello de Silleda e pretende espallarse a outros concellos da Comarca do Deza. O seu obxectivo é recoller os excedentes de produción das hortas particulares e doalos, como produtos frescos, a persoas que o precisan ou que sexan usuarias da recollida de alimentos.
Para isto, o alumnado realizou unha campaña de captación de “hortas voluntarias” pedindo a colaboración da veciñanza que acudiu á feira para que colaboren doando os seus excedentes de produción. Ao mesmo tempo, tamén se procuraron persoas voluntarias para a recollida de alimentos nas distintas hortas colaboradoras.
Finalmente, o alumnado presentou o proxecto no centro aos distintos grupos de alumnado animando aos seus compañeiros a participar no mesmo dunha forma solidaria.
A nosa alumna África García Lorenzo estabelece unha nova marca de memorización do número π
Enviado por admin o Mér, 16/03/2022 - 06:16África García Lorenzo, alumna de 1º ESO no IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), vén de estabelecer un novo récord de memorización do número, cun total de 166 cifras decimais.
Este récord encadra nun concurso organizado polo departamento de matemáticas do centro co gallo do Día Internacional do número, que se celebra cada 14 de marzo. A anterior marca correra a cargo de Nuria Torres Novo, cun total de 145 cifras.
O departamento de matemáticas está a xestionar o rexistro oficial da marca de África no Pi World Ranking List, onde se recollen todos os récords de memorización de cifras decimais do número. De xeito preliminar, a marca de África podería colocarse no posto 600 a nivel mundial e 10 a nivel español.
Con esta iniciativa, o departamento de matemáticas quere favorecer o coñecemento e importancia do número. Entre outras iniciativas, tamén promoverá un programa de radio e un obradoiro de esopías, composicións narrativas asociadas á natureza do número.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »