Saltar navegación.
Inicio

Educación afectivo-sexual amplía a oferta educativa do centro no curso 2020-21

A materia Educación afectivo-sexual vén de ser aprobada para a súa incorporación á oferta educativa do centro a partir do próximo curso 2020-21. Poderase escoller como materia de libre configuración de centro en 2º ESO, cunha carga horaria semanal de 1 h.

Sae do prelo o terceiro volume de Marco Numérico

Marco Numérico é a publicación de investigación matemática do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), onde se recollen traballos realizados por alumnado de ESO e BAC.

O terceiro volume de Marco Numérico acaba de saír do prelo nas difíciles circunstancias provocadas pola pandemia do virus COVID-19. Foi posíbel grazas á implicación do alumnado participante que, mesmo en condicións de confinamento, foi quen de achegar contribucións moi interesantes.

A publicación (de periodicidade anual e xurdida no curso 2017-18 a iniciativa do Departamento de Matemáticas do IES Marco do Camballón) quere recoller traballos de investigación realizados por alumnado de secundaria e bacharelato de centros de ensino galegos que teñan as matemáticas como eixo central. Os traballos, suxeitos aos estándares de rigor e forma propios do ámbito académico, deben ser orixinais en canto á metodoloxía empregadas, coidar a formulación e contraste de hipótesis e a elaboración de conclusións propias. A temática dos artigos é libre, podendo abordar asuntos de interese social e ecolóxico como outros especificamente asociados ao eido da investigación matemática ou numérica.

Formularios de matrícula para o curso 2020-21

Poñemos a disposición das/os usuarias/os os formularios de matrícula de ESO, BAC e FP para o curso 2020-21, a fin de que cada alumna/o poida prever con tempo as súas opcións (NON HAI QUE ENTREGALOS NO  CENTRO).

Proximamente, a través desta web e de AbalarMóbil, informarémosvos de cando debedes recoller os sobres de matrícula e en que datas tedes que formalizar a matrícula, entregándoa na secretaría do instituto (SERÁ NESE MOMENTO CANDO ENTREGUEDES OS SOBRES DE MATRÍCULA CUBERTOS).

Recomendacións para acudir ao centro ante a realización de trámites administrativos

En caso de ter que acudir ao centro para a realización dalgún trámite, pregamos que acuda un único representante de cada familia. Asimesmo, para garantir a saúde de todas/os, deberase empregar máscara de protección e coidar a distancia interpersoal.

Accederase ao centro só pola porta lateral. Haberá xel hidroalcólico a disposición das/os usuarias/os, que deberá ser empregado antes de calquera xestión. Por outra banda, é recomendábel que cada usuaria/o porte o seu propio bolígrafo para evitar préstamos e posíbeis transferencias de contaxio.

Agradecemos a colaboración de todas/os.

Fondo Libros para o curso 2020-21

Instrucións e anexos para a solicitude do fondo solidario de libros para o curso 2020-21.

Adaptacións das programacións didácticas

Podedes consultar aquí as adaptacións das programacións didácticas a raíz da suspensión das clases provocada pola pandemia do virus COVID-19.

Calendario de exames de 2º BAC

Aquí podedes consultar o calendario de probas de 2º BAC, a aplicar de xeito telemático ou presencial segundo o posibiliten as circunstancias.

Leva máscara de protección do Clube da Lingua a cambio dun meme polo idioma

O Clube da Lingua, grazas á colaboración dunha das familias da nosa comunidade escolar*, dispón de 125 máscaras de protección elaboradas artesanalmente.
 
Estas máscaras forom pintadas a man, cortadas e cosidas e son pequenas obras de arte e expresión da xenerosidade cidadá.
 
O alunado e profesorado do Clube da Lingua elixiu un deseño e unhas palabras representativas da nosa lingua.
 
E decidimos entregar unha máscara do Camballón a cada integrante da comunidade escolar (alunado, familias, profesorado, persoal non docente) que envíe un meme sobre a nosa lingua. Aos 125 primeiros memes!
 
Os memes deben ser orixinais (non vale copiar), fomentar o valor da nosa lingua (con retranca, poesía, autoestima, emoción, ideas, etc. e de 125 formas diferentes) e estar escritos correctamente (ollo ás faltas) Non poden ser ofensivos nin sexistas. 
 
Poderanse enviar os memes ao teléfono do coordenador do Clube da Lingua (Séchu). Como máximo, poderase enviar un meme por cada membro de cada família da nosa comunidade escolar. Ou sexa, se sodes tres na casa, tres memes, tres máscaras.**

Instrucións para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso

Publicadas instrucións, con data do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20. Accede ao contido premendo nesta ligazón.

Como afrontar a saída á rúa c@s nen@s

A partir do 26 de abril, os menores até 13 anos poden saír á rúa. O departamento de Orientación elaborou unha guía con pautas para afrontar estes cambios cos que, paulatinamente, agardamos recuperar a normalidade. 

Achegamos ligazón coa pautas para alumnado e familias.

Distribuir contido