Saltar navegación.
Inicio

Leva máscara de protección do Clube da Lingua a cambio dun meme polo idioma

O Clube da Lingua, grazas á colaboración dunha das familias da nosa comunidade escolar*, dispón de 125 máscaras de protección elaboradas artesanalmente.
 
Estas máscaras forom pintadas a man, cortadas e cosidas e son pequenas obras de arte e expresión da xenerosidade cidadá.
 
O alunado e profesorado do Clube da Lingua elixiu un deseño e unhas palabras representativas da nosa lingua.
 
E decidimos entregar unha máscara do Camballón a cada integrante da comunidade escolar (alunado, familias, profesorado, persoal non docente) que envíe un meme sobre a nosa lingua. Aos 125 primeiros memes!
 
Os memes deben ser orixinais (non vale copiar), fomentar o valor da nosa lingua (con retranca, poesía, autoestima, emoción, ideas, etc. e de 125 formas diferentes) e estar escritos correctamente (ollo ás faltas) Non poden ser ofensivos nin sexistas. 
 
Poderanse enviar os memes ao teléfono do coordenador do Clube da Lingua (Séchu). Como máximo, poderase enviar un meme por cada membro de cada família da nosa comunidade escolar. Ou sexa, se sodes tres na casa, tres memes, tres máscaras.**
As máscaras son de catro modelos diferentes.  Por un lado todas teñen un deseño dunha boca sacando a lingua e polo outro estes motivos escritos:
 
1. "O mundo precisa xente que ame o que fai: Eu falo galego."
 
2. "Da lingua galega vive a alma da nosa terra"
 
3. "É a miña lingua
por fóra e por dentro
e cando respiro
eu falo galego"
 
4. Unha nube de palabras, vocabulario do coronavirus.
 
Animádevos e botade man da vosa creatividade!
 
Viva o Marco do Camballón!
 
* Queremos agradecer a xenerosidade da familia Moire Iglesias pola súa xenerosa colaboración neste proxecto, coa fabricación das máscaras. Mil grazas!
 
** As máscaras recolleranse na conserxaría do instituto en canto estean dispoñiveis.