Publicadas instrucións para a realización da FCT
Enviado por admin o Ven, 24/04/2020 - 03:52Publicada a Resolución do 23 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial. Conteñen instrucións específicas para o desenvolvemento da FCT.
Acceso ao catálogo en liña de GaliciaLe
Enviado por admin o Xov, 23/04/2020 - 05:09A fin de facilitar o acceso aos contidos disponíbeis do catálogo en liña da Rede de Bibliotecas de Galicia, o equipo da biblioteca do IES Marco do Camballón en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas, pon a disposición de todas as interesadas/os, sexan ou non membros da comunidade educativa, un formulario de solicitude para cubrir e mandar por correo electrónico.
Como dicimos, este formulario vai resolver o trámite de alta na Rede de Bibliotecas de Galicia, co que poderedes ler e visionar películas do catálogo de GaliciaLe sen necesidade de saír da casa. Podedes atopar o documento de solicitude premendo nesta ligazón.
Mensaxe da comunidade do IES Marco do Camballón para o seu alumnado
Enviado por admin o Lun, 06/04/2020 - 08:38A situación provocada pola pandemia do COVID-19 revela importancia de moitas cousas que agora estrañamos. As persoas que traballamos no IES Marco do Camballón queremos enviar unha mensaxe de ánimo e forza ao noso alumnado.
Podedes vela premendo na seguinte ligazón.
Datas das probas ABAU
Enviado por admin o Mar, 31/03/2020 - 03:27A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria fixou as datas da convocatoria ordinaria das probas ABAU. Terán lugar os días 7, 8 e 9 de xullo. Queda pendente a concreción das datas para a proba extraordinaria, en todo caso, antes do 10 de setembro.
Información sobre o procedemento de avaliación do 2º trimestre
Enviado por admin o Lun, 30/03/2020 - 08:09Con data 27 de marzo, a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria fixou instrucións a fin de dar continuidade ao calendario escolar e formalizar o peche da avaliación do 2º trimestre. Ditas instrucións estabelecen que non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data da declaración do estado de alarma (BOE do 14 de marzo). Por este motivo, o profesorado só terá en conta os resultados e traballo desenvolvido até dita data.
Axudas ás familias de alumnado beneficiario do comedor
Enviado por admin o Lun, 30/03/2020 - 07:42
En base á ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B):
Novas importantes da Conferencia Sectorial de Educación
Enviado por admin o Xov, 26/03/2020 - 05:22Da Conferencia Sectorial de Educación celebrada o 25 de marzo extráense varias novas importantes en relación coa organización do que resta de curso.
Como afrontar o confinamento? Guía para alumnado e familias
Enviado por admin o Lun, 23/03/2020 - 03:37O departamento de Orientación elaborou unha guía con recomendacións xerais sobre como afrontar o confinamento no día a día. Está dirixidas a alumnado e familias e pretende axudar na organización do tempo (de lecer, de estudo) dentro da situación excepcional provocada pola pandemia do COVID-19.
Podedes acceder á guía premendo na seguinte ligazón. #QuedaNaCasa
Recomendacións xerais para o alumnado
Enviado por admin o Ven, 13/03/2020 - 05:39Ante a suspensión das clases que entra en vigor o próximo luns 16 de marzo, recomendamos ao alumnado que revise tanto o seu correo electrónico corporativo (no dominio iesmarcodocamballon.com) como a Aula Virtual (instrucións de acceso) e entorno eDixgal (específico para alumnado 1º e 2º ESO). Estes serán os medios empregados polo profesorado para comunicar co alumnado e propoñer a realización de actividades. De todos os xeitos, estas non serán avaliábeis, se ben é recomedábel que o alumnado faga seguemento delas a fin de dar continuidade ao desenvolvemento curricular das materias.
Suspensión das clases por epidemia de coronavirus
Enviado por admin o Xov, 12/03/2020 - 15:05A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar na súa web o conxunto de medidas de urxencia aprobadas a raíz da epidemia da coronavirus.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »