Información sobre o procedemento de avaliación do 2º trimestre
Con data 27 de marzo, a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria fixou instrucións a fin de dar continuidade ao calendario escolar e formalizar o peche da avaliación do 2º trimestre. Ditas instrucións estabelecen que non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data da declaración do estado de alarma (BOE do 14 de marzo). Por este motivo, o profesorado só terá en conta os resultados e traballo desenvolvido até dita data.
As famillias dadas de alta na aplicación AbalarMóbil poderán acceder as cualificacións a partir das 10h do 3 de abril. As que non o estean, poden darse de alta seguindo as instrucións referidas na seguinte ligazón.