Saltar navegación.
Inicio

Novas importantes da Conferencia Sectorial de Educación

Da Conferencia Sectorial de Educación celebrada o 25 de marzo extráense varias novas importantes en relación coa organización do que resta de curso. Son as seguintes:

- Avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido até a interrupción das clases presenciais

- Modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril.

- Suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica.

- Aprazar as ABAU: convocatoria ordinaria entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, e a extraordinaria entes do 10 de setembro. 

- Modelo de exame ABAU: manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.

Canto á Formación Profesional, insistiuse na necesidade de garantir que todo o alumnado titule, para o que o Ministerio anunciou a publicación dunha norma que vai fundir nun único módulo os actuais de Formación en Centros de Traballo (FCT) e de Proxecto. No caso dos ciclos de grao medio e na FP Básica, onde non existe módulo de Proxecto, establecerase un traballo final.

Podedes consultar estas medidas nas seguintes ligazóns:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634


http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30630