As nosas materias de libre configuración saen no xornal
Enviado por admin o Ven, 25/10/2019 - 04:31O xornal Faro de Vigo sacou unha reportaxe sobre o catálogo de materias de libre configuración que se ofertan no noso centro: Iniciación ao debate, Igualdade de xénero, Iniciación á astronomía e Regueifa e improvisación oral en verso.
Podes consultar nesta ligazón o contido completo da reportaxe.
Listaxe de libros para o curso 2019-20
Enviado por admin o Xov, 12/09/2019 - 06:32Nesta nova podedes consultar a listaxe de libros para o curso 2019-20.
Inicio do curso escolar
Enviado por admin o Mar, 03/09/2019 - 04:43O curso escolar comeza o 16 de setembro ás 9 h. O alumnado do centro reunirase co/a profesor/a titor/a de 9.00 a 9.50 para coñecer as normas de funcionamento do centro, horario de materias, etc. A partir das 9.50 h darán comezo as clases en horario completo.
Desde o propio día 16 funcionarán os servizos de transporte e comedor.
Listaxe provisional do FondoLibros
Enviado por admin o Xov, 04/07/2019 - 07:40Nesta entrada pódese consultar a relación provisional de admitidos no procedemento do FondoLibros.
Calendario de exames de setembro
Enviado por admin o Mar, 02/07/2019 - 04:10Nesta nova podes consultar o horario dos exames de setembro, do curso 2018-19. As probas terán lugar entre os días 2 e 3 de setembro.
Libros de texto curso 2019-20
Enviado por jm.iglesias.garcia o Ven, 28/06/2019 - 13:31Nas seguintes ligazóns pódense consultar as listaxes de libros de texto para o curso 2019-20
Visita a Madrid do alumnado de 1º BAC e 2º ESO de Igualdade de Xénero
Enviado por admin o Mér, 26/06/2019 - 04:16Comezamos cun percorrido tradicional polo Madrid dos Austrias. Pola tarde,puidemos coñecer a Casa-Museo de Lope de Vega e paseamos polo Parque do Retiro. Rematamos a xornada coa obra teatral Tres sombreros de copa no Teatro María Guerreo.
Visitamos tamén o Parque Warner e disfrutamos co musical Anastasia. Antes de coller o camino de volta, vimos as coleccións de arte do Museo do Prado e Reina Sofía.
A Regueifar á illa de Madeira
Enviado por admin o Mér, 26/06/2019 - 03:41Este venres dúas alumnas e un profesor do IES Marco do Camballón viaxarán á illa de Madeira para participar nun encontro internacional de repentistas.
Nuria das Cruces e Lorena Medela, regueifeiras da chamada "Nova Regueifa Feminista" e o profesor Séchu Sende, nun grupo que representa a regueifa galega conformado ademais por alumnado e profesorado do IES de Baio e da Escola Semente e a regueifeira Alba María, foron convidados pola Associação Xarabanda para impartir vários obradoiros de formación e participar no festival "A improvisar é c´a gente s´entende".
No festival, que terá lugar o vindeiro domingo 23 de xuño, participarán repentistas doutras partes da lusofonía, como Azores e Madeira.
O IES Marco do Camballón impulsou o Proxecto Regueifesta e foi o primeiro centro en impartir "Regueifa e improvisación oral en verso" como materia optativa. No presenta curso, o alumnado da Regueifesta viaxou a Barcelona, Aveiro, Vigo ou o Courel participando en diversas actividades arredor da improvisación oral en verso.
O traballo de dous alumnos do ciclo de APSD, na prensa
Enviado por admin o Mér, 19/06/2019 - 14:10O compromiso dos nosos alumnos Adrián Villar e José Ramón Castro, do CM APSD, mereceu recoñecemento na prensa. É sabido que o ámbito dos coidados de doentes e maiores foi tradicionalmente asumido pola muller, nun rol invísibel que cómpre mudar. Estes nosos alumnos están a dar pasos nesa dirección.
FaroEduca, o suplemento educativo do Faro de Vigo, dedicou unha extensa reportaxe ao traballo de prácticas dos nosos alumnos na Residencia de Maiores. Ambos representan un caso de compromiso e vocación de homes na atención ás persoas en situación de dependencia que, por desgraza, segue a ser ben infrecuente. Na reportaxe recoñecen a satisfacción que a entrega aos demais lles provoca, para alén de constituír unha opción con saídas laborais. Agardamos que eles abran o camiño e que atrás veñan outros, homes e mulleres por igual, que axuden a varrer estes e outros estereotipos.
Prazo de admisión de matrícula para ESO e BAC
Enviado por admin o Lun, 17/06/2019 - 13:03O prazo de admisión de matrícula no curso 2019-20 para ESO e BAC será do 25 de xuño ao 2 de xullo, até as 14 h. O trámite realizarase na secretaría do centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »