Saltar navegación.
Inicio

Axudas ás familias de alumnado beneficiario do comedor

 

En base á ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B):

Aqueles alumnos/as usuarios do comedor escolar durante o curso 2019-20, poden solicitar a seguinte axuda económica durante o período de suspensión das clases presenciais (consultar ORDE DO 27 de marzo):

  • O alumnado que recibe o servizo de comedor de xeito gratuito: 2,5 € por cada comida que faría no comedor escolar do instituto.

  • O alumnado que abona 1 € polo servizo de comedor: 1,5 € por cada comida que faría no comedor escolar do instituto.

Lugar e prazo de presentación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán contactar co equipo directivo do centro educativo no teléfono 886151731 ou no seguinte enderezo de correo electrónico: ies.marco.camballon@edu.xunta.es

A solicitude será única por cada familia e incluirá a totalidade das fillas e dos fillos escolares de ensinanzas obrigatorias, que sexan comensais gratuítos e semigratuítos dun euro no comedor escolar xestionado pola consellería nun centro de ensino público, identificará o solicitante en nome da familia e o alumnado comensal e conterá información da conta corrente onde realizar o ingreso da compensación.

 

O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O 6 DE ABRIL (Acceso ao DOG 30/03/20)