Baixo o mesmo paraugas. Día Internacional da Discapacidade
Enviado por admin o Ven, 04/12/2020 - 05:19
Desde o IES Marco do Camballón quixemos aportar o noso gran de area a prol da inclusión e da diversidade, entendida como algo enriquecedor para a sociedade en xeral e para a nosa comunidade educativa en particular.
Por iso, este ano unímonos á iniciativa "Baixo o mesmo paraugas" para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade coa realización dun vídeo que podedes ver máis abaixo.
Moitas grazas a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente pola vosa implicación e colaboración.
BAIXO O MESMO PARAUGAS (música Macaco "Mensajes del agua")