Reunión de inicio de curso coas familias (curso 2020-21)
Enviado por admin o Lun, 14/09/2020 - 06:08
Convocamos ás familias do alumnado de ESO e BAC a unha reunión informativa de inicio de curso coas titoras/es dos grupos.
De 10.00 a 11.00 | De 11.30 a 12.30 | De 13.00 a 14.00 | |
XOVES 17 DE SETEMBRO | 1º ESO A / 1º ESO B | 2º ESO A /2º ESO B | 3º ESO A / 3º ESO B |
VENRES 18 DE SETEMBRO | 4º ESO / 1º BAC | 2º BAC |
As familias accederán pola porta lateral do centro (fronte á rotonda), onde serán chamados para acompañar ao/á titor/a ao punto de reunión. Para respectar as medidas de seguridade, prégase que asista un/ha único/a proxenitor/a ou titor/a legal por alumna/o.
As reunións terán lugar en espazos amplos e ventilados e gardarase a distancia de seguridade. É necesario que cada familiar acuda ao centro cun bolígrafo propio para asinar documentación.