Saltar navegación.
Inicio

Dúas regueifeiras do Camballón na TVG

Improvisadoras e alunas do noso instituto, Nuria Penas e Lorena Medela comezan a súa participación no programa Luar da TVG, no concurso "Vai de regueifa".
 
Lorena Medela e Nuria Penas cursaron a materia optativa "Regueifa e improvisación oral en verso" e veñen participando nas atividades da Regueifesta, Enreguéifate ou o Certame Escolar de Regueifa de Valadares desde que comezaron a regueifar no Marco do Camballón.
 
En diferentes viaxes de estudos, viaxaron a Euskal Herria, Catalunya ou Madeira para participar en encontros internacionais de improvisaçom cantada e forman parte da "Nova Regueifa Feminista", movemento de renovación do repente galego.
 
 
Parabéns a Lorena e a Nuria, orgullo da nosa comunidade educativa.
 
Aquí podemos ver a actuación de Lorena (ligazón).