Secretaría
Admisión alumnado curso 2020-2021
Enviado por admin o 25 Maio, 2020 - 12:31Finalizado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso informámoslles que todo o alumnado que solicitou praza no IES Manuel García Barros está admitido para o curso 2020-2021.
A matrícula para o alumnado que supere todas a materias en xuño formalizárase nos primeiros días do mes de xullo. Nas próximas semanas publicaremos instrucións máis detalladas.
Recordámoslles que está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Fondo de Libros e Axudas de material, máis información nesta ligazón.
Restablecemento do proceso de admisión para o alumnado procedente doutros centros
Enviado por admin o 6 Maio, 2020 - 12:46A Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Púlbiass e Xustiza (DOG num. 86, do 6 de maio), no ámbito educativo, establece os seguintes acordos:
- Retablecer o procedemento de admisión de alumnado:
- Prazo de presentación de solicitudes do 11 ao 18 de maio. O procedemento se pode realizar de xeito telemático na aplicación admisionalumnado (recomendable), ou presentar a solicitude no propio centro (anexo II cuberto, xunto cunha fotocopia do DNI do/a alumno/a).
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitidos antes do 9 de xuño de 2020. Con 3 día hábiles para formular reclamacións.
- Publicación das listaxes defintivas do alumnado admitidos e non admitidos antes do 26 de xuño de 2020.
- Apertura dos centros educativos:
- Dende o luns, 11 de maio, o instituto estará aberto de 9:00h a 14:00h.
- Recordamos que os deprazamentos ao centro educativo só se deben realizar para os trámites estrictamente necesarios, e no caso de acceder ao interior rogamos empreguen mascarilla e sigan as instruccións que se establezan na entrada do mesmo.
- As consultas serán atendidas no teléfono do centro (986590104) no horario de apertura o no correo electrónico ies.garcia.barros@edu.xunta.es
OLLO!!!
O ALUMNADO XA MATRICULADO NO CENTRO OU O ALUMNADO DO PÉREZ VIONDI NON TEN QUE SOLICITAR PRAZA.
Novas instrucións da Consellería (venres 13) e ampliación do prazo para solicitar praza no centro.
Enviado por admin o 12 Marzo, 2020 - 16:42A Consellería vén de publicar na súa web un novo documento respecto das medidas a adoptar nos centros educativos a partir do luns 16 de marzo.
OLLO: A CONSELLERÍA AMPLÍA O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NOS CENTROS (ver NOVAS INSTRUCIÓNS)
Seguiremos empregando a web do centro para informar puntualmente a toda a Comunidade Educativa.
Buscaremos o xeito de que o alumnado non saia prexudicado mentres non se supera esta complicada situación.
O equipo directivo.
Horario de verán
Enviado por admin o 19 Xullo, 2019 - 11:10Durante o mes de agosto o centro permanecerá aberto de luns a mércores entre 10 e 12 horas. Fóra de ese horario, podedes contactar con nós no seguinte enderezo electrónico: ies.garcia.barros@edu.xunta.es ou no teléfono do centro (soamente xoves e venres no mesmo horario).
Bo verán!
Campaña de distribución de froita fresca
Enviado por admin o 16 Maio, 2019 - 12:26Durante as dúas próximas semanas, do 20 ao 31 de maio, se repartirár froita fresca de tempada, durante o 1º recreo, ao alumnado da ESO.
Esta iniciativa forma parte da campaña de distribución de froita fresca convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria.
Premios extrardinarios de Bacharelato do curso 2018/19
Enviado por Secret. o 15 Maio, 2019 - 12:18O alumnado que teña unha nota media no bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos poderá concurrir as probas para acadar un dos 20 premios extraodinarios de bacharelato convocados pola Consellería de Educación e cunha dotación de 1000 Euros cada un.
O prazo para matricularse nestes premios finalizará o 28 de maio de 2019.
A matrícula (non se pode facer no centro) farase preferentemente de forma electrónica ou en papel nun rexistro público oficial.
O enlace que figura ao final desta nova da acceso a publicación no DOG da convocatoria.
ORDE do 28 de marzo de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19.
Reclamacións ás cualificacións para o alumnado de 2º de bacharelato
Enviado por admin o 14 Maio, 2019 - 09:14O alumnado de 2º de Bacharelato poderá reclamar, de xeito fundamentado, as cualificacións obtidas tanto na convocatoria ordinaria (maio) como extraordinaria (xuño). Para o caso da convocatoria extraordinaria, as datas oficiais de reclamación no centro non poden cumprirse polos festivos locais (26 e 27 de xuño). Inspección Educativa autorizou novas datas, os días 25 e 28 de xuño. O alumnado levará cos boletíns de notas unha circular explicativa, que tamén podedes consultar aquí.
Títulos de ESO e Bacharelato
Enviado por Secret. o 8 Febreiro, 2019 - 10:51O alumnado que rematou os estudos neste centro no curso académico 2016/2017 ou anteriores pode pasar pola SECRETARÍA do centro a recoller os títulos da ESO ou BACHARELATO que lle correspondan.
Vacacións de Nadal 2018
Enviado por admin o 23 Decembro, 2018 - 15:00Dende o MGB queremos desexar a toda a Comunidade Educativa un Bo Nadal. O centro permanecerá aberto, agás os días 24 e 31, dende as 10 ás12 horas.