Extraescolares
Visita a CONGALSA
Enviado por admin o 18 Febreiro, 2020 - 23:50O pasado 17 de febreiro, o alumnado de 2o bacharelato de Economía da empresa e FUAX visitaron a empresa CONGALSA S.L., situada no Polígono Industrial da Pobra do Caramiñal. É unha empresa adicada a elaboración de produtos conxelados. Conta na actualidade con 300 traballadores e exporta a Europa, Asia e África. A visita estruturouse da seguinte forma:
- Visionado dun video de presentación para coñecer a historia da empresa
- Charla - coloquio
- Percorrido polas parcelas que constitúen a Liña Natural, a de Precociñados e a de Masa. Nelas poidemos coñecer a Zona de Produción e Envasado.
- A continuación visitamos a Sala de Catas e os comedores.
- Finalmente os alumnos poideron degustar a súa variedade de produtos.
A actividade foi organizada polo departamento de Economía e acompañaron aos alumnos as profesoras Fina Brea e Raquel Carballo.
Viaxe á neve de 2º e 3º da ESO. Reunión coas familias.
Enviado por admin o 27 Xaneiro, 2020 - 13:10O mércores 5 de febreiro ás 19:00h, as profesoras de Educación Físicas terán unha reunión informativa coas familias do alumnado de 2º e 3º da ESO que participa na viaxe á neve.
Programa Cores
Enviado por admin o 27 Novembro, 2019 - 23:24O alumnado de 4ª ESO de Economía e IAEE participou o día 22 de novembro no programa CORES nas instalacións da Escola Galega de Consumo en Santiago. A sesión desenvolveuse en tres obradoiros: Etiquetado dos alimentos, Linguaxe publicitaria e Consumo responsable.
A actividade foi organizada polo Dpto. de Economía e os alumnos estiveron acompañados polas profesoras, María Vilasó e Raquel Carballo.
Visita ao Vigo Romano dos alumnos de Latín, Grego e Cultura Clásica
Enviado por BiblioMGB o 27 Novembro, 2019 - 18:43Hoxe, mércores 27 de novembro, os alumnos de Latín, Grego e Cultura Clásica, visitaron o museo do Mar de Vigo (onde participaron nun obradoiro de "Lucernae" (lámpadas de aceite romanas), e a Villa romana de Toralla.
Visita á Biblioteca América da USC
Enviado por BiblioMGB o 5 Novembro, 2019 - 09:42Durante a mañá do mércores 30 de outubro, e tal como fixemos o curso pasado, os alumnos de latín de 2º de Bacharelato do MGB visitaron a Biblioteca América da USC, sita no Pazo de Fonseca de Santiago.
Este ano, ademais de poder ver e tocar a edición fácsimil do orixinal de 1055 do Libro de Horas de Fernando I, tivemos a oportunidade de ter diante dos nosos ollos edicións antigas (séculos XVI e XVII) de clásicos da literatura latina, como Plauto, Terencio, Cicerón ou Ovidio.
Excursión do alumnado de 1º da ESO á contorna das Fragas do Eume
Enviado por admin o 17 Outubro, 2019 - 10:27Por segundo ano consecutivo o alumnado de 1°ESO vén de disfrutar 3 días no entorno das Fragas do Eume. Sendeirismo, tiro con arco, escalada, xogos de orientación, recoñecemento de árbores e moitas outras experiencias que quedarán no recordo de todos os que alí convivimos. Agradecemos a acollida do albergue Alvarella, foi un pracer poder disfrutar das súas instalacións biosostibles e do bo trato das monitoras e cociñeiras.
O alumnado de Ciencias Naturais de 1º ESO no Museo de Historia Natural da USC
Enviado por admin o 11 Xuño, 2019 - 15:50O pasado 24 de maio o alumnado de 1º ESO de Ciencias Naturais, acompañados pola súa profesora Dolores Castro, desenvolveu parte do traballo de aula no Museo de Historia Natural da USC.
Éxito do alumnado do IES MGB na V competición de robots da UVigo: 1º e 3º postos!
Enviado por Anónimo o 29 Abril, 2019 - 00:38O pasado venres 26 de abril varios equipos formados por alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato que cursan Tecnoloxía Industrial I conseguiron un éxito sen precedentes na V competición de robots da Universidade de Vigo: dos 6 equipos que polo noso centro se inscribiron á competición, 5 deles chegaron á final acadando dous deles o 1º e o 3º posto! Cómpre engadir que a esta competición acudiron máis de 150 equipos de institutos de toda Galicia, polo que os seus profesores e resto da comunidade educativa non podemos estar máis orgullosos dos nosos alumnos, independentemente de que acadaran ou non o podio, dado que todos eles amosaron unha gran capacidade de traballo en equipo e de entrega por acadar este gran éxito para o centro.
Parabéns e bravo por eles!!
Notas de prensa:
Programa CORES
Enviado por admin o 12 Abril, 2019 - 10:49O alumnado de 4º ESO de Economía participou o día 10 de abril no programa CORES nas instalacións da Escola Galega de Consumo en Santiago. A sesión desenvolveuse en tres obradoiros: Etiquetado dos alimentos, Marcas e Consumo responsable. A actividade foi organizada polo Dpto. de Economía.
Olimpíada de tradución de textos clásicos
Enviado por BiblioMGB o 9 Abril, 2019 - 09:34O pasado xoves 4 de abril, na facultade de Filoloxía da USC, as alumnas de 2BAC Patricia Riveiro, Alexandra Gambino e Carlota Goldar, participaron nas probas de tradución de grego, dentro da V Olimpíada de tradución de textos clásicos organizada por SEECGalicia. A festa de entrega solemne de diplomas a todos os participantes e de premios aos tres primeiros clasificados en cada modalidade terá lugar o próximo 15 de maio na mencionada Facultade de Filoloxía.
Viaxe cultural a Italia
Enviado por admin o 20 Marzo, 2019 - 15:49O alumnado do MGB e as profesoras acompañantes xa están de volta da súa intensa viaxe cultural polo norte de Italia.
Finanzas para mortais
Enviado por admin o 15 Marzo, 2019 - 16:23O alumnado de Economía da Empresa de 2ª de bacharelato participou os días 7 e 13 de marzo en dúas charlas formativas dentro do Programa Finanzas para Mortais en colaboración co Banco Santander e coordinado polo Dpto. de Economía. A actividade completouse coa visita á oficina Smart Red de A Estrada.
Alumnado de Bioloxía do MGB no Unistem Day
Enviado por admin o 15 Marzo, 2019 - 16:16O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bacharelato asistiu hoxe á xornada Unistem Day celebrada da facultade de Medicina da USC. A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Saída cultural a París organizada polo departamento de Francés
Enviado por admin o 14 Marzo, 2019 - 16:11Un grupo de alumnos e alumnas do MGB están estes días disfrutando dunha viaxe cultural a París organizada polo departamento de Francés, acompañados polas profesoras Lorena Cambón e Rosa Mato.
Itinerario da viaxe cultural polo norte de Italia
Enviado por admin o 6 Marzo, 2019 - 15:44Un grupos de alumnos e alumnas do noso centro están nestes días de viaxe cultural polo norte de Italia acompañados polas profesoras Beatriz M., Esther S. e María V. Podes consultar o itinerario no enlace.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »