Hoxe, tras unha intensa xornada na que participaron alumnado, profesorado e persoal non docente, logramos dar luz a un dos nosos grandes proxectos do curso: un MURAL ARTÍSTICO nunha zona do muro exterior do centro, coa historia de Macías, o trobador que dá nome ao noso instituto, como protagonista.
Ademais da comunidade educativa do IES Macías o Namorado, participaron tamén alumnado e profesorado de 6º EP do CEIP Rosalía de Castro e a asociación AMIPA da comarca do Sar. Contamos tamén coa colaboración do Concello de Padrón.
Todos e todas dirixidos polo artista valdeorrés Xerardo Rodríguez, da man dos tamén artistas Susana Ferradás, Manolo Rodríguez e Pepa Galán. A nosa máxima admiración ao seu talento.
Expresamos todo o noso agradecemento a todas aquelas persoas que fixeron posible que este proxecto saíse adiante. Grazas!
Aquí vos deixamos algunhas fotos do resultado: