Para o alumnado e familias do IES laxeiro

 

Sirva de testemuña esta carta que escribiu para vos e para as vosa familias unha profesora do IES Laxeiro. A través dela queremos manifestar todo o que sentimos e e todo que desexamos neste momentos tan duros tanto o Equipo Directivo, coma o profesorado do voso centro.

 

                                                                                                Avaliación e semana santa

Moi bo día a todas e todos,

Antes de nada, espero que estedes ben e levando esto o mellor posible. Como sabedes, hoxe fixemos a avaliación, así que mañá, a partir das 13:00 horas publicaranse as notas. Se alguén ten problemas e non lle chegan que mo faga saber, ou por correo ou ao teléfono.
Como sabedes tivemos que poñer as notas sen os últimos exames, pero asegúrovos que o profesorado tiñamos notas de clase abondo de cada alumno/a. Intentamos ser o máis xustos posibles, dadas as condicións.
Sei que todo esto está sendo complicado, que moitos alumnos/as están agobiados porque enviamos moitas tarefas. Para nós esto tamén é novo, estamos intentando traballar doutra forma, todo o día pegados ao ordenador contestando correos. Estamos intentando facelo o mellor que podemos, e as cousas que vexamos que non funcionan ben ir cambiándoas. Tamén estamos investigando o alumnado que poda ter problemas de conexión a internet ou falta de medios (oredenadores) para poder solucionalo, a equipa directiva está traballando a tope con este tema, e con todos os demais, asegúrovolo.
Quero darvos as GRAZAS porque entendo que non é sinxela esta situación, estar en casa, teredes seguramente traballo tamén, e a maiores atender aos vosos fillos/as, que seguro se queixan de que os facemos traballar moito, pero a maioría estano facendo moi ben, estou moi orgullosa de cómo se están adaptando a estas circunstancias tan complexas.
Para a semana descansamos, pero á volta de semana santa poreime en contacto con todas/os para comentarvos os resultados da avaliación e informarvos, en canto nolo comuniquen, de cómo imos traballar no terceiro trimestre.
Espero que estedes ben, moitas grazas e coidádevos moito.

Unha profesora do IES Laxeiro