Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Información da situación actual relativa ao curso 2019-2020.Desde a Dirección do IES Laxeiro somos conscientes das inquedanzas que neste momento ten tanto o alumnado coma as súas familas polo futuro do presente curso escolar. A situación que estamos vivindo alterou en gran maneira o curso 19-20. Por ese motivo e polo que enviamos este comunicado para que de algún xeito aclare e tranquilice na medida do posible todas esas dúbidas que neste intre son evidentes. Principalmente queremos comunicar o seguinte: 1º.Avaliarase o segundo trimestre co traballo feito e modificaranse os contidos e competencias do terceiro No IES Laxeiro estamos elaborando o proceso da 2ª avaliación co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais. Agardando as instrucións oportunas cremos qe entre o día 2 ou 3 de abril entregaranse telematicamente as notas correspondentes a esa 2ª avaliación. En canto a 3ª haberá que agardar as instrucións tanto do Ministerio coma da Comunidade Autónoma para analizar o currículo e competencias da mesma. 2º. A ABAU desenvolverase antes do 10 de xullo, no caso da convocatoria ordinaria, e antes do 10 de setembro, no caso da extraordinaria As datas para a convocatoria ordinaria se sitúen entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo, e para a extraordinaria antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes. Canto ao exame, acordouse manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. 3º. Canto á Formación Profesional, insistiuse na necesidade de garantir que todo o alumnado titule, para o que o Ministerio anunciou a publicación dunha norma que vai fundir nun único módulo os actuais de Formación en Centros de Traballo (FCT) e de Proxecto. No caso dos ciclos de grao medio e na FP Básica, onde non existe módulo de Proxecto, establecerase un traballo final. Polo tanto agardaremos as correspondentes instrucións para tomar determinacións con este alumnado de 2º ano de ciclos. Para mais información poden acudir ao portal de Consellería de Educación ou ben no comunicado da Conferencia Sectorial. Non queríamos deixar pasar esta oportunidade sen recoradar que todo o profesorado, dentro das limitacións que a nivel de medios informaticos poida haber, estase volcando en paliar esta situación con envios de traballos telemáticos que o alumnado de todos os niveis poden realizar e que o profesorado correxirá oprtunamente. Por ese motivo pregamos aos pais que vixien e controlen a realización destas actividades.
» |
Novos números
|