Presentación da novela O Cabo do Mundo, de Xabier Quiroga

O venres, 11 de decembro, ás 20,00 h., terá lugar a presentación da novela O Cabo do Mundo, de Xabier Quiroga, no salón de actos do IES Laxeiro.

O Cabo do Mundo

Xabier Quiroga

 «Que farías se non che quedase nada de vida?» Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou. A urxente busca de si mesmo achegarao sen remisión ao cerne dun segredo amoroso e duns cruentos e agochados sucesos da represión franquista levada a cabo polas «brigadas do amencer» nas ribeiras Miño.
Partindo dunha minuciosa investigación histórica, mesturando realidade e ficción, atesourando un extraordinario alento narrativo e unha prosa vizosa e moi fluída, reaparece Xabier Quiroga cunha novela memorable que nos conduce a outro suxestivo espazo literario onde a memoria e a identidade se confunden: O Cabo do Mundo.   (recollido da páxina web de Xerais
)