Rapaces Unidos polo Rap

00/00/
Array

Este martes 10 de marzo estivo connosco un ex-alumno moi especial. Xaime López
"Chispón". Xa era un alumno moi interesado por actividades artísticas e
culturais (foi o autor do mural da foto), e ségueo sendo:

Agora vén de ser o coordinador dunha das experiencias sociais e
educativas mais interesantes no estado español.

En "Unidos
por el Flow
" conseguiu coordinar a centos de rapaces de
bandas latinas (Latin
King e Ñetas
) do seu barrio.

Propoñendo alternativas á exclusión social e á violencia entre
bandas, conseguiu que o respecto, a arte, a cultura serviran máis
eficazmente para a convivencia.

O hip-hop
é esa cultura urbana actual que reune unha chea de actividades:
musicalmente o rap, plásticamente o graffiti, o baile, a vestimenta,
o deporte urbano...

 

Mural feito por Xaime "Chispón" ás portas do Salón