O ALUMNADO DO LAXEIRO PREMIADO NO CONCURSO de televisión INFOFALA

 

O Concurso Infofala 2008 foi un
concurso de realización de informativos de televisión de 10 minutos no que
participou alumnado de 4º da ESO, do equipo de normalización
Lingúistica.

Os programas emitironse en horario de
máxima audiencia en DEZ TV, que é a emisora de televisión local da
Comarca do Deza, e que inclúe A Estrada e Melide., dende o mes de
maio, e todo o verán.

O persoal da emisora local DEZ TV deu obradoiros para aprender algo máis deste apaixoante mundo da televisión.

 

O pasado día 26 de xaneiro déronse finalmente os
premios no Magacine en directo A Peneira, e resultou gañador do 1º
premio o Equipo do Laxeiro.

O equipo que realizou o traballo premiado finalmente foi:

Carlos Villardefrancos,
Xose Manuel Poza, Yolanda Ogando, Alejandro Domínguez, Sergio
Maceiras, Adán Fernández.

O Coordinador da Actividade por parte do
profesorado foi Juanjo G. Rodicio.