I Festival das Letras Galegas e fin de curso

O pasado 30 de maio tivo lugar no patio do Laxeiro o I Festival das Letras Galegas-Fin de curso. Houbo cancións, teatro, Parkour e moito máis durante as dúas últimas horas da mañá, coa participación masiva do alumnado e profesorado do Centro.

Tamén houbo premios, así temos:

Categoría A: individual e por parellas
Alba Vázquez 2º E.S.O. B
Pedro A. Agostini 3º E.S.O. A
Laura Viana 1º E.S.O. A
Categoría B: grupo de máis de dous
Os do Parkour
Tomá-tomá-tomá
Os Cantamañás