Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Semana do Medio AmbienteCo gallo da celebración o día 5 de xuño do Día Mundial do Medio Ambiente, dende o grupo da Axenda 21 do Centro realizaremos varias actividades conmemorativas durante a semana do 2 ao 6 de xuño. Para comezar, xa está colocada a exposición O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción. Con esta exposición preténdese dar a coñecer a tódolos membros da comunidade educativa o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. Ademáis, intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.
O xoves día 5 virá Celso a facernos unhas contadas. Neste caso, o noso contacontos preferido fará unha escolla de relatos relacionados coa temática da Axenda 21 e do medio ambiente. Ademais das actividades anteriores, proxectarase o documental Tierra durante os recreos de toda a semana. Estará aberto o salón de actos e o alumnado e o profesorado poderá desfrutar, en anacos, das fantásticas imaxes desta coñecida película. » |
Novos números
|