O alumnado de 3º de ESO do IES Laxeiro despediu o trimestre participando nunha ruta de sendeirismo de trazado circular e 8 km de lonxitude que transcorre pola contorna de Mouriscade, seguindo o leito do río Asneiro ao seu paso polas parroquias de Doade e Vilanova.
A actividade foi organizada polo alumnado de 2º curso do Ciclo de FP de "Guía no medio natural" do IES Colmeiro de Silleda. Durante a ruta visitamos o Castro de Doade, desfrutamos da decoración de Nadal do núcleo urbano desta parroquia no cal atopamos o museo etnográfico "Casa do Patrón" e pasamos pola aldea dos Muíños e por Vilanova onde fixemos unha parada para repoñer forzas.
De volta a área recreativa de Mouriscade os organizadores dispuxeron con cordas distintos elementos de seguridade e pasos elevados que o alumnado do Laxeiro puido coñecer e utilizar.
Feliz 2024.