Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Marzo 22, 2023
Start: 22/03/2023 14:56

O pasado venres 17 de marzo, aproveitando a estadía de Domingo Sánchez como poñente nun curso con docentes do IES Laxeiro e do CIFP Bouza Brey de Vilagarcía, realizamos unha actividade formativa co alumnado de 2º curso do CSAF. Ao longo da mañá Domingo explicou a importancia do coñecemento das bases anatómicas e mecánicas do movemento no deseño de exercicios de estabilidade e mobilidade orientados a unha condición física saudable. A sesión se acompañou dunha aplicación práctica, con exercicios orientados a utilización de movementos amplos, seguros e o desenvolvemento da musculatura estabilizadora.  

Mércores Abril 19, 2023
Start: 19/04/2023 10:18

 

CALENDARIO DE ADMISIÓN PARA AS PROBAS LIBRES PARA OBTENCIÓN DOS TÍTULOS DE TÉCNICO E DE TÉCNICO SUPERIOR DE CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

 

Período ordinario de admisión

Presentación de solicitudes

17 de abril ás 9:00 horas ata o 28 de abril ás 13:00 horas

Listaxe provisional de solicitudes

3 de maio

Reclamación contra a listaxe provisional

3 de maio ás 9:00 horas ata o 5 de maio ás 13:00 horas

 

Listaxe definitiva de solicitudes

 

10 de maio

Admisión e matrícula

Listaxe de persoas adxudicadas

10 de maio

Matriculación

10 de maio ás 9:00 horas ata o 19 de maio ás 13:00 horas

Liberados e adxudicación continuada

23 de maio ás 9:00horas ata o 31 de maio ás 13:00horas

 

Para  máis información:  http://www.edu.xunta.gal/fp

 

Distribuir contido