|
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
|
E N T R A D A
|
MÚSICA CLÁSICA Nun mercado persa É unha obra orquestral do ano 1920 catalogada como clásica do compositor, director e pianista británico Albert William Ketelbey (1875 - 1959). Durante uns sete minutos evoca o ambiente dun mercado oriental: a chegada dos cameleiros e o paso elegante das súas monturas, o canto dos mendigos, a chegada da princesa, os malabaristas e encantadores de serpes...
|
MÚSICA CLÁSICA Tritsch Tratsch Johann Strauss Imos escoitar unha polca, danza popular aparecida en Bohemia hacia 1830; por ende, o xénero musical asociado a esta danza leva o mesmo nome. Trátase, por tanto, dunha obra instrumental que interpreta unha polca do compositor romántico austíaco coñecido como “o rey do vals”, Johann Strauss (1825-1899), xa que popularizou os vals en Viena no século XIX. O título desta polca, pode ser interpretado como «chit-chat» e comentan que se refire á paixón dos habitantes da cidade de Viena polas rexoubas. A peza é alegre e de grande espírito, como moitas das polcas de Strauss. |
MÚSICA CLÁSICA A sinfonía dos xoguetes Haydn?/Edmund Angerer?/Leopol Angerer? É unha obra orquestral que pertence o período musical do Clasicismo. Consta de tres partes (Allegro, Tempo di menuetto, Allegro moderato) nas que se van incorporando xoguetes musicais como o reloxo do cuco, a carraca ou un asubío que imita aos paxaros, un tambor de estaño, un triángulo, creando así, unha orixinal e divertida mestura destes instrumentos cos clásicos. Existen controversias sobre a autor desta peza. Nun principio atribuíselle a Joseph Haydn, polo seu estilo de composición; fai anos asegurouse que era obra do pai de W.A.Mozart, Leopol Mozart. Existe outra versión que afirma que o verdadeiro autor é un monxe beneditino de 1740, Edmund Angerer |
MÚSICA CLÁSICA Minuetto Luigi Boccherini O minueto do quinteto de corda(1775) é unha das pezas máis célebre do compositor italiano Luigi Boccherini; dito autor, pertence a época do Clasicismo e pasou a maior parte da súa vida en España. O minueto é unha danza antiga de carácter nobre, ritmo ternario e tempo moderato que xurde a mediados do século XVII en Francia. No Clasicismo esta forma acabou integrándose en diversos xéneros musicais clásicos como o cuarteto de corda ou a sinfonía, converténdose así, na única danza da suite barroca en sobrevivir ata finais do século XVIII. Boccherini crea un formato de cámara do que foi pioneiro, o quinteto de corda, sendo esta obra que imos escoitar, a máis popular do centenar de pezas que compuxo. |
|
|
MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90 Beat it Michael Jackson Beat it é unha canción dos anos 80 escrita e interpretada polo artista Michael Jackson, quen se inspirou nunha visita que fixo a unha gardería de Trenton-Nueva Jersey. Forma parte do seu sexto álbum como solista, Thriller (1982). Foi a terceira canción do álbum lanzada como sencillo, seguindo a «The Girl Is Mine» e «Billie Jean. Ganou dous premios Grammy nas categorías de gravación do ano e mellor interpretación vocal de rock masculina. |
MÚSICA ROCK Carry on Wayard Son Kansas Carry On Wayward Son é unha canción rock interpretada pola banda estadounidense Kansas. A canción, con grandes influencias de rock progresivo, foi lanzada como un sencillo en outubro de 1976 e alcanzou la posición N.º 11 na Billboard Pop Singles ao ano seguinte, converténdose na primeira canción da banda en alcanzar as primeiras 40 posicións nunha lista de popularidade. |
MÚSICA BLUES Pride and joy Sevie Ray Vaughan Pride and Joy é a segunda canción no álbum Texas Flood de Stevie Ray Vaughan do xénero folk . É unha canción de blues sendo esta un dos seus temas máis famosos. Partes dos solos son do tema "I'm Cryin’ ". |
MÚSICA POP Cheap Thrills Sia Cheap Thrills é unha canción do xénero pop da cantante Sia, tomada do seu sétimo álbum de estudo This Is Acting. A mestura da pista con Sean Paul como artista invitado foi orixinalmente escrita para o álbum Anti de Rihanna, pero despois de que ela o rechazara, Sia decidiu conservalo e utilizalo para o seu sétimo álbum de estudio. |
|
T A R D E
|
BSO PELÍCULAS We’re all in this together High school musical We’re all in this together é a bso da película de Disney High School Musical. Foi interpretada por Vanessa Hudgens, Zac Efron, Lucas Grabeel, Ashley Tisdale entre outros. Pertence ao xénero pop e ao longo da súa historia recibiu premios como Radio Disney Music Award ao Mellor Himno de Equipo. |
|
BSO PELÍCULAS We’re all in this together High school musical We’re all in this together é a bso da película de Disney High School Musical. Foi interpretada por Vanessa Hudgens, Zac Efron, Lucas Grabeel, Ashley Tisdale entre outros. Pertence ao xénero pop e ao longo da súa historia recibiu premios como Radio Disney Music Award ao Mellor Himno de Equipo. |
|
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
|
||
E N T R A D A
|
MÚSICA CLÁSICA SINFONÍA Nº 103 J.HAYDN Esta sinfonía é a undécima das doce chamadas “Sinfonías de Londres”. Trátase, polo tanto, dunha obra instrumental cuxo autor é Joseph Haydn, gran compositor de clasicismo, considerado o pai desta forma musical. Nós escoitaremos o primeiro movemento, dos catro que ten esta forma, coñecido popularmente como o “Redobre de timbal” debido ao prolongado redobre que efectúa o timbal ao comezar a obra. |
MÚSICA CLÁSICA TOCATA EN RE MENOR BWV565 J.S BACH É unha peza de música de órgano escrita, por Johann Sebastian Bach (1685-1750), o gran compositor alemán do Barroco e do que beberon o resto dos compositores posteriores. A peza ábrese cunha sección toccata, seguida dunha fuga que termina nunha coda. A popularidade desta peza creceu entre outros factores, pola súa inclusión na película animada Fantasía de Walt Disney, converténdose na obra máis famosa no repertorio de órgano. |
MÚSICA CLÁSICA LA DONNA È MOBILE GIUSEPPE VERDI Neste caso trátase dunha aria da ópera Rigoletto de Giuseppe Verdi. É unha das arias máis famosas da lírica universal, composta no último momento por Verdi, compositor italiano do Romanticismo, antes as esixencias dun tenor que necesitaba unha aria para lucirse no último acto desta ópera. Esta peza convértese nunha das máis populares, xa que é moi fácil a súa memorización e o seu acompañamento bailable. . |
MÚSICA CLÁSICA TE DEUM MARC-ANTOINE CHARPENTIER Charpentier foi un compositor prolífico e versátil do barroco francés. Produciu música de alta calidade en distintos xéneros, sendo recoñecida polos seus contemporáneos a mestría na composición de música relixiosa vocal. O que imos escoitar é o Te deum, un dos primeiros himnos cristianos, tradicional de acción de gracias, e que agora soe entoarse en momentos de celebración. Converteuse tamén, nunha peza popular cando pasou a ser a sintonía de Eurovisión. |
MÚSICA CLÁSICA A DANZA MACABRA CAMILE SAINT-SAËNS Imos escoitar unha obra orquestral; trátase dun poema sinfónica “A danza macabra” composto en 1874 por Camille Saint Saëns (1835-1921), compositor, director, pianista e militar do Romanticismo francés. Esta peza é a máis popular do autor. Estreouse en 1875 e nela describe a morte tocando o violín a medianoite. O seu ritmo os esqueletos bailan o redor dunha tumba. Ó amencer, co canto da galo, os mortos volven as súas tumbas. |
|||
S A I D A
|
MÚSICA FOLK TANXUGUEIRAS MIDAS Imos a escoitar un grupo galego de cantareiras, cheas de virtuosismo, máximas expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega. Este é o seu último single “Midas”, con influencias de sons próximos ao trap ou á electrónica, pon o foco sobre estas audaces artistas, chamadas a levar ritmos e a enerxía da terra polos escenarios de todo o mundo |
MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90 YMCA VILLAGE PEOPLE Trátase dun sencillo grabado polo grupo estadouidense de música disco Village people. lanzado en 1978. É un dos poucos temas que vendeu 10 millóns de copias en todo o mundo. |
MÚSICA ROCK O ROCK DA CÁRCERE ELVIS PREYSLER Nesta ocasión escoitaremos ao chamado, rei do rock and roll, Elvis Preysler, coa súa canción “O rock da cárcere”. Este título compárteo coa película que el tamén protagoniza. Elvis, foi un dos cantantes estadounidenses e iconos culturais máis populares do século XX. |
MÚSICA SOUL REHAB AMY WINEHOUSE Rehab (“Rehabilitación” en galego) trátase dunha canción de soul e rhythm and blues da cantantes británica Amy Winehouse. Con esta canción Amy gañou tres Premios Grammy en 2008.
|
MÚSICA POP GRACE KELLY MIKA Este venres ímonos de vacacións de Semana Santa coa canción Grace Kelly de Mika, compositor e cantante de orixe líbano-británico. Dito tema lanzouse no 2007 alcanzando enseguida o número 1. Con esta peza Mika intenta burlarse dos músicos que intentan reinventarse a eles mesmos para ser máis populares; o mesmo Mika di, que a canción xurdiu despois dunha mala experiencia cun executivo dunha discográfica. |
|||
T A R D E
|
|
BSO PELÍCULAS SUPERMAN JONH WILLIAMS Imos escoitar o tema principal da banda sonora “Superman” estreada en 1978. O seu compositor é Jonh Williams, director de orquestra, pianista e trombonista estadounidense. Compuxo un tema grandilocuente para esta personaxe que acabou converténdose en emblemático co paso do tempo.
|
|
BSO PELÍCULAS SUPERMAN JONH WILLIAMS Imos escoitar o tema principal da banda sonora “Superman” estreada en 1978. O seu compositor é Jonh Williams, director de orquestra, pianista e trombonista estadounidense. Compuxo un tema grandilocuente para esta personaxe que acabou converténdose en emblemático co paso do tempo.
|
|
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
|||
E N T R A D A
|
MÚSICA CLÁSICA “Pequena serenata nocturna” W.A.Mozart Trátase dunha obra instrumental en catro movementos (realmente eran cinco, mais só conservan catro)considerada unha das pezas clásicas máis coñecidas; o seu autor é W.A.Mozart, o afamado compositor do Clasicismo; hoxe en día non se sabe para quen ou porque a compuxo. Esta obra é de 1787, coincidindo coa composición da ópera D.Giovanni. A súa instrumentación é a habitual dun cuarteto de cámara: dous violíns, viola, cello e contrabaixo. Nós escoitaremos o primeiro movemento, allegro en forma sonata.
|
MÚSICA CLÁSICA “Moto perpetuo nº 11” Niccolo Paganini
Moto perpetuo (en italiano), significa movemento continuo. As pezas musicais con este nome, caracterízanse por unha corrente continua e fixa de notas nun tempo rápido. Neste caso, interprétana instrumentos de corda fretada. Ideouna o compositor italiano, virtuoso do violín e un dos máximos representantes do movemento instrumental do Romanticismo. |
MÚSICA CLÁSICA “Sinfonía n.º 101” Joseph Haydn
Esta sinfonía é a novena das doce chamadas “Sinfonías de Londres”. Trátase, polo tanto, dunha obra instrumental cuxo autor é Joseph Haydn, gran compositor de clasicismo, considerado o pai desta forma musical. En concreto esta sinfonía é coñecida popularmente como o reloxo, polo ritmo de tic-tac que se escoita durante o segundo movemento. Nós escoitaremos o primeiro movemento dos catro que ten esta forma. |
MÚSICA CLÁSICA “Sílfides” Fréderic Chopin
Sílfides (en francés, Les Sylphides) é un ballet breve e non-narrativo nun acto coreografiado por Michel Fokine con música de Frédéric Chopin, profesor, compositor e virtuoso pianista polaco, considerado un dos máis importantes da historia e un dos maiores representantes do Romanticismo musical. Esta obra estreouse en 1908 n San Petersburgo. |
|
||
S A I D A
|
MÚSICA FOLK “Stubborn love” The lumineers
Stubborn love é unha canción de estilo folk, unha das máis coñecidas do grupo The lumineers, banda estadounidense de folk rock con sede en Denver, Colorado, que se converteu nun dos principaisgrupos de folk en Estados Unidos e outros países.
|
MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90 “Billie Jean”
Billie Jean é unha canción disco do artista estadounidense Michael Jackson incluída no seu sexto álbum de estudio, Thriller .Obtivo o número un en Estados Unidos, Reino Unido, Australia, Italia, e España e recibiu dous premios Grammy en 1984, un deles na categoría de mellor canción masculina. |
MÚSICA ROCK “Sweet Child O’ Mine” Guns N’ Roses
Trátase dunha canción pertencente ao estilo rock que esconde unha mensaxe do vocalista do grupo Axl Rose, xa que el mesmo escribe esta canción nun momento no que se atopaba nunha relación moi tóxica. |
MÚSICA SOUL “Respect” Aretha Franklin
Respect é unha canción escrita e interpretada orixinalmente polo artista estadounidense Otis Redding en 1965. La versión de Aretha Franklin, cantante soul, foi un emblema para o movemento feminista e considérase unha das mellores cancións da era do Rythm and blues, gañando dous premios Grammy |
|
||
T A R D E
|
|
BSO PELÍCULAS “El último mohicano” Trevor Jones e Randy Edelman Se trata de una película épica estadounidense de 1992, do xénero aventuras, baseada na novela clásica do escritor estadounidense James Fenimore Cooper. Os autores da banda sonora son Trevor Jones (compositor sudafricano de música para cine) e Randy Edelman |
|
BSO PELÍCULAS “El último mohicano” Trevor Jones e Randy Edelman
Se trata de una película épica estadounidense de 1992, do xénero aventuras, baseada na novela clásica do escritor estadounidense James Fenimore Cooper. Os autores da banda sonora son Trevor Jones (compositor sudafricano de música para cine) e Randy Edelman |
|
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
||||
E N T R A D A
|
MÚSICA CLÁSICA Barras y estrellas John Philip Sousa
É una marcha militar patriótica estadounidense, xeralmente considerada a obra mestra do compositor Jinh Philip Sousa, compositor, marine e director musical neste país. Pola lei do Congreso, converteuse na marcha nacional dos Estados Unidos de América. |
MÚSICA CLÁSICA Waltz nº 2 Dimitri Shostakovich
Trátase do 2º movemento da “Suite para orquesta de variedades”. Unha suite é unha forma musical composta por movementos instrumentais breves e de carácter bailable. O seu compositor é Dimitri Shostakovich, un dos compositores e pianistas soviéticos máis importante do século XX. |
MÚSICA CLÁSICA Sinfonía nº 40 W.A.Mozart
Esta obra como seu nome indica é un sinfonía, é dicir, unha composición musical para orquestra dividida, xeralmente en catro movementos. Neste caso, é a penúltima, que o seu autor, o excelente músico do clasicismo, W.A.Mozart compuxo e a segunda que fixo en modo menor. Mozart, ademais de compositor foi pianista, director de orquestra e profesor, converténdose nun dos músicos máis influentes da historia. |
MÚSICA CLÁSICA Moto perpetuo nº 11 Niccolo Paganini
Moto perpetuo (en italiano), significa movemento continuo. As pezas musicais con este nome, caracterízanse por unha corrente continua e fixa de notas nun tempo rápido. Neste caso, interprétana instrumentos de corda fretada. Ideouna o compositor italiano, virtuoso do violín e un dos máximos representantes do movemento instrumental do Romanticismo. |
MÚSICA CLÁSICA A máquina de escribir Leroy Anderson
A máquina de escribir é unha novidosa peza instrumental clásica composta por Leroy Anderson en 1950. O seu nome refírese ao feito de que para a súa interpretación requírese dunha máquina de escribir, que se utiliza no escenario. |
|
|||
S A I D A
|
MÚSICA FOLK Riverdance Riverdance é un famoso espectáculo teatral de música e danza tradicionais irlandesas creado polo músico e compositor Bill Whelan. |
MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90 I wanna dance with somebody Whitney houston Trátase do primeiro sencillo do álbum Whiney da cantante estadounidense co mesmo nome, Whitney Houston. Composto por Geroge Merril e Shannon Rubicam e publicado en 1987. A canción recibiu o premio Grammy en 1988 e converteuse nun éxito comercial |
MÚSICA ROCK Bienvenidos Miguel ríos “Bienvenidos” é un canción composta en 1982 por Miguel ríos, cantante y compositor de rock español, un dos pioneiros deste xénero no noso país. A orixe desta canción está nas gañas que Miguel tiña de compor un saúdo ao estilo das bandas inglesas. Saíulle dun tirón e fixo maxia. |
MÚSICA RHYTHM AND BLUES Stand by me Ben E.King
É unha canción de 1961, interpretada por Ben E.King e composta por el mesmo, por Jerry Leiber e Mike Stoller. Dita canción adaptouse a partir dun tema gospel. |
MÚSICA POP Feel Robbie Willimas Canción del cantautor británico Robbie Williams, lanzada como o primeiro sencillo do seu 5º álbum, Scapology (2002). Tras publicarse converteuse no maior éxito internacional de Williams, vendendo máis de 4 millóns de copias en todo o mundo e alcanzando o “top ten” en tódolos países europeos. |
|
|||
T A R D E
|
|
BSO PELÍCULAS Star wars John Williams A música de Star Wars é o conxunto dos temas orquestrais e musicais para a serie de “La guerra de las galaxias” de George Lucas, compostos case na súa totalidade para as películas, polo compositor, director de orquestra, pianista e trombonista estadounidense, John Williams, dende 1977 |
|
BSO PELÍCULAS Star wars John Williams A música de Star Wars é o conxunto dos temas orquestrais e musicais para a serie de “La guerra de las galaxias” de George Lucas, compostos case na súa totalidade para as películas, polo compositor, director de orquestra, pianista e trombonista estadounidense, John Williams, dende 1977 |
|
|
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
E N T R A D A
|
MÚSICA CLÁSICA Primavera Antonio Vivaldi É unha peza clásica do compositor italiano Antonio Vivaldi.Esta obra barroca pertence á “Las cuatro estaciones”. Trátase dun concerto a solo dividido en tres movementos, rápido, lento e rápido. Vivaldi publicou os concertos cuns poemas que describían cada unha das estacións. Esta obra é o exemplo máis cedo do que máis tarde se chamaría música programática ou descritiva. |
MÚSICA CLÁSICA Libertango Astor Piazzolla Libertango é una obra que pertence ao xénero do tango. A versión que escoitamos é interpretada por unha orquestra de cámara. O autor desta peza é Astor Piazzolla, bandoneonista e compositor arxentino, considerado un dos músicos máis importantes do s. XX e un dos compositores máis importantes do tango en todo o mundo. O tema desta peza e disco de Piazzolla posiblemente é un palabra composta polos termos “liberdade” e “tango”, para indicar a liberdade creativa que buscaba Piazzolla ao crear o chamado tango novo, a diferenza do tango clásico.
|
MÚSICA CLÁSICA El Danubio Azul; Op. 314 J. Strauss
É un vals composto por J. Strauss(Fillo) en 1866. Esta tamén é considerada unha das pezas máis populares da música clásica. As connotacións sensitivas vienesas convertérono no segundo himno nacional austríaco e é un dos bises indiscutibles do Concerto de Ano Novo de Viena. |
MÚSICA CLÁSICA La campanella Paganini
Esta obra é o 3º movemento do concerto para violín nº 2 que o compositor italiano Niccolo Paganini escribiu en 1826. Coñécese co sobrenome, Campanella, converténdose nunha das obras máis popular e famosa deste autor. Paganini representa un dos arquetipos do virtuosismo do violín e un dos máximos representantes do movemento instrumental do Romanticismo. Contribuíu tamén coas súas aportacións ao desenrolo da “técnica moderna do violín” |
MÚSICA CLÁSICA Obertura fantástica Romeo e Xulieta, Tchaikovski Esta obra escrita polo compositor ruso Tchaikowsky baséase na obra homónima de Shakespeare. A idea que impulsou o nacemento desta peza xurde do seu amigo Mili Balakirev, líder do grupo dos cinco; a pesar do entusiasmo inicial, Tchaikowsky comeza a decaer e a non sentirse satisfeito do seu traballo, mais o motor que leva ao compositor a rematar a peza é a tristeza na que queda sumido cando a cantante lírica Desirée Artot decide romper toda relación con el sen explicación. Será a música o seu vehículo de escape e na que plasmará a súa profunda pena. |
S A I D A
|
MÚSICA FOLK Little Talks Off monsters and men. Little Talks é unha canción do xénero musical folk do grupo Off monsters and men. É o seu primeiro single, recollido dentro do seu álbum My head is an animal
|
MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90 Girls just want to have fun Cyndi Lauper Este é o primeiro sencillo da artista estadounidense Cyndi Lauper. Trátase dunha canción disco do ano 1983. Tivo un gran éxito e é considerada como un himno feminista. |
MÚSICA ROCK Black Betty Ram Jam Black Betty éunha versión dunha canción de rockde Ram Jam de 1977, que rapidamente acolle excelentes críticas por parte do público, sobre todo, de Estados Unidos |
MÚSICA JAZZ Jubilee stomp Tuba Skinny Esta peza é un standar do jazz, é dicir, unha composición importante para este estilo, baseada a miúdo en temas musicais improvisados ou arranxados da big band estadounidense, composta en 1928 por Duke Ellington; representa tanto unha herdanza histórica como unha aportación artística e unha linguaxe significativa deste estilo. A versión que escoitamos a interpreta a banda de jazz tradicional con sede en New Orleans. O conxunto inspírase no jazz inicial, o ragtime e o blues das décadas dos anos 1920 e 1930. O grupo naceu como unha banda itinerante de música na rúa mais ao longo da súa traxectoria atuo xa en todo o mundo |
MÚISCA POP Watermelon Sugaré unha canción pop do artista musical británico Harry Styles, incluída no seu segundo álbum Fine Line como artista en solitario. Na canción emprega a metáfora do azucre de sandía para describir a emoción inicial que sentes cando empezas a ver a alguén. |
T A R D E
|
|
BSO PELÍCULAS Piratas del Caribe Hans Zimmer A banda sonora oficial de Piratas do Caribe, escrita polo compositor alemán Hans Zimmer. Estamos a falar dunha canción que acompaña ás 5 películas que conforman a saga, que é capaz de facernos recordar ao capitán Jack Sparrow cada vez que a escoitamos. |
|
BSO PELÍCULAS Piratas del Caribe Hans Zimmer A banda sonora oficial de Piratas do Caribe, escrita polo compositor alemán Hans Zimmer. Estamos a falar dunha canción que acompaña ás 5 películas que conforman a saga, que é capaz de facernos recordar ao capitán Jack Sparrow cada vez que a escoitamos. |
|
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
E N T R A D A
|
MÚSICA CLÁSICA En la gruta del rey de la montaña Edgar Grieg É un fragmento de música incidental, escrita polo compositor noruego Edgar Grieg en 1876, para a obra de Henrink Hibsen, Peer Grynt. Esta peza foi incluída como final da Peer Gynt suite nº 1 Op. 26. Trátase dunha historia fantástica na que se narran as aventuras de Peer. En concreta esta peza ilustra o momento no que Peer intenta escapar a escondidas do castelo do rei da montaña. |
MÚSICA CLÁSICA Mambo Leonard Bernstein Mambo é unha peza musical que pertence ao musical West Side Story escrita por Leonard Bernstein, compositor, pianista e director de orquestra xudeu estadounidense. O mambo é un xénero musical e danza altamente rítmico, que parte de Cuba na súa orixe. Bernstein emprégao no número Dance at the gym, do 1º acto deste musical , momento no que as bandas rivais prenden motores para o combate desa noite. Este danza converteuse nunha peza autónoma, ademais dun encore (é dicir, una interpretación adicional ao final dun concerto) imprescindible á hora de homenaxear aos ritmos latinos empregando una orquestra sinfónica
|
HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO REXURDIMENTE DE VACAS Esta canción versa sobre a obra Rexurdimente do grupo galego De Vacas |
MÚSICA CLÁSICA Suite el Cascanueces, Op. 71 Piotr LLich Tchaikovsky Danza rusa Imos escoitar a Danza rusa da suite El Cascanueces. Unha suite é unha forma musical composta por movementos instrumentais breves e de carácter bailable. Esta música creouna Piotr LLich Tchainkovsky no ano 1891, para o ballet “El cascanueces”. Trátase dun conto de fadas estruturado en dous actos. A coreografía ideárona Marius Petipa e Lev Ivánov. |
MÚSICA CLÁSICA Marcha Radetzky J. Strauss
Radetzky March trátase dunha composición orquestral de Johann de Strauss (pai) e foi composta en honor ao mariscal Joseph Radetzky o cal salvou o poderío militar de Austria. Esta obra foi escrita no ano 1848 e é costume que esta obra peche o Concerto de Viena de Ano Novo. |
S A I D A
|
MÚSICA ROCK Sweet Home Alabama Lynyrd Skynyrd Sweet home alabama é unha cancion da banda de rock estadounidense Lynyrd Skynyrd, que viu a luz no ano 1974 no seu segundo álbum, Second Helping. Foi escrita en resposta a dúas composicións de Neil Young: "Southern Man" e "Alabama", as cales inclúen como temas o racismo e a esclavitude no sur dos Estados Unidos. A partir do 2009, o estado de Alabama comezou a usar a frase "Seet Home Alabama" como lema oficial nas matrículas dos vehículos a motor. |
MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90 Love is in the air John Paul Young Love is in the air é unha canción de música disco dos anos 70, concretamente do ano 1978. Escribiuna o cantante australiano nacido en Escocia, converténdose no seu maior éxito. |
HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO Negra sombra Juan montes Negra sombra é un dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro. Publicouse en 1880 no seu libro Follas Novas. A peza foi musicada en 1892, por Juan Montes, compositor, organista e pianista galego, concretamente de Lugo. Intérpretes: Xairo Campos (clarinete) Carmen Juncal (voz) |
MÚSICA JAZZ Fly me to the Moon É unha canción escrita en 1954 por Bart Howard. Cantada por primeira vez por Felicia Sanders nos cabarets. Dende entón, converteuse nun estándar de jazz gravado frecuentemente na cultura popular. A versión de Frank Sinatra en 1964 estivo intimamente asociada ás misións Apolo á Lúa. |
MÚSICA POP I gotta feeling The black Eyed Peas I gotta feeling é una canción do grupo The black Eyed Pears presente no seu quinto álbum e publicada en 2009. Esta peza se caracterízase por un ritmo pop moi bailable e rechamante. Con esta audición ocuparon a primeira posición nos Billboard hot 100 durante 14 semanas, converténdose nun dos mellores éxitos do citado grupo musical. |
T A R D E
|
|
BSO PELÍCULAS El señor de los anillos- Hobbits Howard Shore O que escoitamos é unha suite de concertos da música dos Hobbits, arranxada a partir da música da película.
|
|
BSO PELÍCULAS El señor de los anillos- Hobbits Howard Shore O que escoitamos é unha suite de concertos da música dos Hobbits, arranxada a partir da música da película. |
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
|
E N T R A D A
|
MÚSICA CLÁSICA Te Deum do compositor do barroco francés Marc-Antoine Charpentier é un motete polifónico que consta de dez números. Nós escoitaremos o preludio instrumental, a parte máis coñecida popularmente, xa que foi a obra escollida en 1954 como a sintonía da Unión Europea de Radiodifusión, sendo costume tocalo ao comezo de cada edición do Festival da Canción de Eurovisión. Dende 1957, é o himno oficial do Torneo das Seis Nacións. Este tema tamén empregouse na introdución da película Una casa de locos (2002). Charpentier probablemente compuxo esta obra entre 1688 e 1698, durante a súa estancia na igrexa xesuíta de Saint-Louis en París, onde ocupou o cargo de director musical. La obra está escrita para un grupo de oito solistas vocais, coro e acompañamento instrumental. |
MÚSICA CLÁSICA A Danza da Hada de Azúcar (ou Danza da Fada Confitada) é unha peza clásica, pensada como un pas de deux (paso realizado conxuntamente por dúas persoas),mundialmente famosa porque forma parte do ballet Cascanueces de Piotr Ilich Tchaikovsky, compositor ruso durante o período musical Romanticismo. Dita danza tamén forma parte da suite Cascanueces, obra que apareceu antes do ballet e coa que Tchaikovsky obtivo un éxito inmediato.
|
MÚSICA CLÁSICA Guillermo Tell (título orixinal en francés, Guillaume Tell) é unha ópera clásica en catro actos con música de Gioachino Rossini, compositor italiano, e libreto en francés de Étienne de Jouy e Hippolyte Bis, basados na obra Wilhelm Tell, de Friedrich Schiller, que ten como protagonista ao lendario heroe da independencia Suíza: Guillermo Tell. Trátase dunha ópera seria e de gran extensión, de gran impulso dramático e lírico, a innovación musical foi rapidamente loada por mestres da talla de Bellini . |
MÚSICA CLÁSICA Amáquinadeescribir é unha novidosa peza instrumental clásica composta por Leroy Anderson en 1950. O seu nome refírese ao feito de que para a súa interpretación requírese dunha máquina de escribir, que se utiliza no escenario. |
MÚSICA CLÁSICA O Mesías, (en inglés, Messiah), é un oratorio en inglés composto por Georg Friedrich Händel , compositor alemán, en 1741, cun texto bíblico recopilado por Charles Jennens, que termina co coro «Aleluia», que lle da nome a esta peza musical de carácter clásica. |
S A I D A
|
MÚSICA FOLK Fiesta pagana é o terceiro sinxelo de Mägo de Oz e o primeiro do álbum Finisterra, representativa do xénero musical folk. A súa composición correu a cargo de Txus di Fellatio, o batería, compositor e letrista do grupo. Está inspirada na canción "Zortzi Orduko Ekaitza" da banda euskaldun Sorotan Bele. Transmite canto en contra da Igrexa católica da Idade Media e a represión por parte desta. |
MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90 Stayin' Alive é unha das cancións máis populares e recoñecibles dos Bee Gees dos anos70. Pode ser aínda escoitada nunha variedade de lugares, desde salóns de bailes a eventos deportivos. A revista Rolling Stones inclúea na súa lista das 500 mellores cancións de todos os tempos no posto 189º xunto a "How Deep Is Your Love", primeiro sinxelo da película e tamén dos Bee Gees. |
MÚSICA ROCK We will rock you é canción de rockcomposta por Brian May, guitarrista da banda británica Queen, lanzada como sinxelo en 1997. Editouse por primeira vez no sexto álbum de Queen, News of the World, pero reeditouse varias veces nas numerosas compilacións sacadas á venta despois da morte do cantante Freddie Mercury. Esta canción é coñecida mundialmente polo seu ritmo pegadizo das palmas. E tamén é unha canción que, durante máis de 3 décadas, converteuse nun himno de rock nos estadios, competición deportivas… |
MÚSICA JAZZ Bend It Blues de Smooth Jazz Sax Instrumentals é unha peza musical característica do xénero jazz. |
MÚSICA POP Celebration é unha canción pop–dance composta por Taylor e Bell orixinalmente para a banda Kool and the Gang. Publicouse en 1980, logrando o maior éxito en 1992. Forma parte da cultura popular, aparecendo en series, videoxogos, programas de televisión |
T A R D E
|
|
BSO PELÍCULAS Time of my life é unha canción composta por Franke Previte, John DeNicola e Donald Markowitz, escollida para ser a canción final da película de Dirty Dancing Recibiu tres premios, os cales son o premio Óscar á mellor canción orixinal en 1987, o premio Grammy por Mellor Interpretación con Vocais en 1988 Globo de Oro para Mellor Canción Orixinal. |
|
BSO PELÍCULAS Time of my life é unha canción composta por Franke Previte, John DeNicola e Donald Markowitz, escollida para ser a canción final da película de Dirty Dancing Recibiu tres premios, os cales son o premio Óscar á mellor canción orixinal en 1987, o premio Grammy por Mellor Interpretación con Vocais en 1988 Globo de Oro para Mellor Canción Orixinal. |
|
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
E N T R A D A
|
MÚSICA CLÁSICA A Valse A “Valse” é un poema coreográfico para orquestra do compositor francés Maurice Ravel . Esta obra é unha evocación a decadencia e a destrución da civilización occidental, xa que en 1906 intentaba escribir un vals en homenaxe a Johann Strauss mais a 1ª Guerra Mundial impediullo, cambiándolle tamén, a perspectiva que tiña na mente sobre ela. Definitivamente, Maurice Ravel escribe esta obra entre 1919 e 1920 e lla dedicou a súa amiga Misia Sert. |
MÚSICA CLÁSICA Danza húngara nº 5 As danzas húngaras son un grupo de vinteunha alegres danzas, baseadas na súa maioría en temas húngaros. Compúxoas o compositor alemán J.Brahms en 1869. J. Orixinalmente escribiunas para piano a catro mans; logo arranxou dez delas para piano solo e outras para orquestra. Antonin Dvorak rematou de orquestrar o resto. A danza nº 5(versión orquestral) é unha das máis coñecidas de J. Brahms |
MÚSICA CLÁSICA Marcha húngara la condenación de fausto É unha obra musical para orquestra, voces solistas e coro, composta polo francés Héctor Berlioz. Estreouse por primeira vez en 1846. É unha obra ideada para ser tocada e cantada en versión de concerto, aínda que anos despois da morte do compositor, representárase, en ocasións, en versións escénicas de ópera e de ballet. Trátase, por tanto, dunha obra situada entre a ópera e a sinfonía coral.
|
MÚSICA CLÁSICA Los planetas: Júpiter É a obra máis coñecida do compositor inglés Gustav Holst. Escribiuna entre 1914 e 1916. Trátase dunha suite de sete movementos, a cada un dos cales G. Holst engadiulle o nome dun planeta. O movemento que imos escoitar e o número 4, Júpiter, o portador da ledicia.
|
MÚSICA CLÁSICA Can-cán O Cancán é un baile de alta enerxía e esixencia física que se converteu nun coñecido music hall na década de 1840, continuando a súa popularidade no cabaret francés ata os nosos días. O music hall é unha forma particular de espectáculo cunha mestura de canción popular, comedia e baile. O music hall británico é similar ao vodevil estadounidense e a revista española, presentando entusiastas canción e actos cómicos. Orixinalmente bailado por ambos sexos, tradicionalmente asóciase ao feminino. As súas principais características son as patadas altas, split e piruetas varias. A melodía é coñecida en xeral, como can-can, mais iso é un erro xa que se trata do Galop infernal, do segundo acto da opereta “Orfeo de los infiernos” de Jacques Offenbach. Saint- Saëns tomou prestado o Galop, ralentizouno e fixo un arranxo para cordas que representaba a “Tortuga” no “Carnaval de los animales”. |
S A I D A
|
EN CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ (30 /01/2021) COLOR ESPERANZA Color esperanza é un tema composto polo cantautor arxentino Coti Sorokin e popularizado polo compatriota, e tamén cantautor Diego Torres, como segundo sencillo do seu disco Un mundo diferente. A canción chegou a convertirse nun éxito internacional e tanto foi a súa popularidade que o mesmo Diego Torres a interpretou frente o papa Juan Pablo II. A letra versa sobre a reflexión e a esperanza dos problemas e momentos difíciles. É un canto positivo e con moi bo ritmo. |
MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90
DISCO INFIERNO (HELL DISCO)
“Hell disco” é unha canción da banda estadounidense The Trammps, pertencente ao álbum do mesmo nome (1976). |
MÚSICA ROCK Paradise City
Este single escribiuse e publicouse no albume ”Appetite for Destruction” no ano 1989 en Reino Unido pola banda de hard rock Guns N’Roses. Esta canción trata dos Ángeles e a corrupción que a rodeaba. A maioría dos seus versos Axl Rose, vocalista do grupo, creounos a partir dos recordos da súa adolescencia en Bloomingnton. |
MÚSICA JAZZ
Come dance with me
Foi escrita por Shirley Horn(1934-2005) e lanzada no ano 1961. Trátase dunha canción do xénero jazz que pertence ao albume “At the Gaslight Square, St. Louis”. |
MÚSICA POP
Freedom! 90' É unha canción do músico pop británico George Michael, publicada por Epic Récords en 1990. Foi un dos sencillos con máis éxito da súa carreira e o terceiro do seu albume Listen Without Prejudice, Vol1. No seu momento o vídeo desta canción foi todo un boom xa que conta coa participación de cinco supermodelos da época. A canción interpretouse por Michael nos Xogos Olímpicos de 2012 durante a cerimonia de clausura |
T A R D E
|
|
BSO PELÍCULAS Hay que saber llegar al fondo A canción “Hay que saber llegar al fondo” composta por Randy Newman e interpretada pola cantante cubana Omara Portuondo, é unha das 17 que forman a banda sonora completa da película de Disney Tiana y el sapo. |
|
BSO PELÍCULAS Hay que saber llegar al fondo A canción “Hay que saber llegar al fondo” composta por Randy Newman e interpretada pola cantante cubana Omara Portuondo, é unha das 17 que forman a banda sonora completa da película de Disney Tiana y el sapo. |
|
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
|
E N T R A D A
|
MÚSICA CLÁSICA A “Danza de los Caballeros” é un dos números musicais de Romeo y Julieta, ballet en catro actos do compositor ruso Sergei Prokofiev, que compuxo entre los años 1935-36. O ballet contén 52 números de danza. A Danza de los Caballeros é a peza número 13.Aparece na segunda escena do primeiro acto. Representa o odio mutuo que existe entre as dúas familias desta obra( Montescos e Capuletos), e presaxia a fatalidade que caerá sobre eles. Con abundante presencia en series de televisión, publicidade, e moi difundida grazas a arranxos de bandas rockeras, a peza tamén acompaña, curiosamente, a un club de fútbol inglés de segunda división na súa entrada ao campo de xogo.
|
MÚSICA CLÁSICA A “Sinfonía nº 10”de Joseph Haydn é unha obra orquestral. Trátase dunha sinfonía orquestrada para dous oboes, fagotes, dúas trompas, cordas e baixo continuo. A obra consta de tres movementos: Allegro en 4/4, Andante en 2/4 e Presto en 3/8. É unha das 106 que compuxo. Joseph Haydn(1732-1809) é un compositor austríaco do Clasicismo. É un dos máximos representantes deste período musical, ademais de ser coñecido como o pai da sinfonía e do cuarteto de cordas, grazas ás súas aportacións a ámbolos dous xéneros. Tamén contribuíu o desenrolo instrumental do trío con piano e á evolución da forma musical sonata. Tivo unha estreita amizade con Wolfgang Amadeus Mozart, e foi profesor de Ludwig van Beethoven
|
Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto En conmemoración do día da Memoria das Vítimas do Holocausto, hoxe escoitaremos á peza máis relevante da B.S.O da Lista de Schindler. O seu compositor é John Williams, director de orquestra, pianista e trombonista estadounidense. Considerado un dos máis prolíferos compositores de bandas sonoras da historia do cine. Traballou co célebre director desta película dende 1974 compoñendo a música de toda a súa obra a excepción de tres filmes. |
MÚSICA CLÁSICA “Pompa y Circunstancia”, é a primeira marcha orquestral do compositor británico Edward Elgar. Estreouse en Londres en 1901. En 1902 adaptouse para a coroación do rei Eduardo VII, incorporando o texto da oda "Land of Hope and Glory". En Estados Unidos, esta obra é coñecida simplemente como "Himno de gradación" e está asociada coas cerimonias de colación de graos. Esta mesma Marcha tamén se interpreta noutros países, non so na gradación en colexios, sino para a titulación en institutos de educación superior, para recibir diplomas e acompañar á procesión inicial de ditas cerimonias.
|
MÚSICA CLÁSICA A “Danza del sable” é un movemento do acto final do ballet Gayaneh, composto por Aram Khatchaturian en 1942. Evoca unha danza de espadas armenia, na que os danzantes mostran a súa habilidade cos sables. A súa sección central incorpora unha canción tradicional armenia de Gyumri. Esta danza, con ritmo vivo, un ostinato moi recoñecible e a súa popular melodía, converteuse nunha popular peza concertante. Aram Khatchaturian foi un dos principais compositores e director soviético de orixe armenio do s.XX. |
|
S A I D A
|
MÚSICA FOLK “Sous le ciel de Paris”é unha fermosa homenaxe que a cantante francesa folk Zaz fai á cidade de París no álbum nomeado igual que a cidade. Esta canción fixo mundialmente famosa a voz de Èdith Piaf e interpretárona moitos outros como Ives Montand ou Julliette Gréco.
|
MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90 “I Will Survive” - en galego: “Sobrevivirei”- é unha canción soul orixinalmente interpretada pola cantante estadounidense Gloria Gaynor, lanzada en 1978. A letra desta canción describe en primeira persoa como alguén encontra forza persoal mentres se recupera dunha separación. É unha canción que, como Gloria Gaynor, converteuse nun símbolo da música disco. Recibiu un premio Grammy en 1980, o único ano que a música disco recibe dito premio.
|
Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto Seguindo con esta conmemoración invitámosvos a escoitar “Matriarcas” de Guadi Galego, cantautora galega. Trátase dunha bonita canción dedicada as Matriarcas galegas presente no álbum “Lúas de outubro e agosto”, onde reivindica ese matriarcado galego que está presente na nosa sociedade e nas vidas de cada un. |
MÚSICA ROCK “Livin' On A Prayer”, é unha canción da banda estadounidense de rock, Bon Jovi, lanzada como segundo sinxelo do seu álbum de 1986, Slippery When Wet. O sinxelo é unha das cancións máis populares durante a década dos 80, sendo considerada tamén unha das pezas insignia da banda.
|
MÚSICA POP “Do I Wanna Know?” é unha canción da banda británica Arctic Monkeys do seu quinto álbum, AM. A canción foi lanzada como sinxelo no ano 2013.
|
|
T A R D E
|
|
BSO PELÍCULAS “Eye of the tiger” de Survivor da película Rocky. Esta canción hard rock do grupo estadounidense Survivor, escribiuse a petición de Sylvester Stallone para a película Rocky III.
|
|
BSO PELÍCULAS “Eye of the tiger” de Survivor da película Rocky. Esta canción hard rock do grupo estadounidense Survivor, escribiuse a petición de Sylvester Stallone para a película Rocky III.
|
|
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
||
E N T R A D A
|
MÚSICA CLÁSICA Plink, plank, plunk é unha peza instrumental para orquestra de corda fretada do compositor estadounidense Leroy Anderson (1908-1975). Foi considerado o gran mestre americano damúsica orquestral lixeira |
MÚSICA CLÁSICA Escoitaremos a versión orquestral da Danza húngara nº 5, do compositor alemán Johannes Brahms escrita en 1869. Inicialmente estas danzas, compúxoas para piano a catro mans e máis tarde arranxou unhas para piano solo e algunha outra orquestrouna. Compositores como Antonin Dvorak remataron esa tarefa.
|
MÚSICA CLÁSICA Hoxe escoitaremos “El invierno”del compositor italiano Antonio Vivaldi. Esta obra barroca pertence á “Las cuatro estaciones”. Trátase dun concerto a solo dividido en tres movementos, rápido, lento e rápido. Vivaldi publicou os concertos cuns poemas que describían cada unha das estacións. Esta obra é o exemplo máis cedo do que máis tarde se chamaría música programática ou descritiva. |
MÚSICA CLÁSICA O que hoxe escoitamos é a obertura da opereta cómica Candide, escrita en 1956, polo gran compositor, director e pianista estadounidense Leonard Bernstein. Esta obra gañouse un lugar a parte dentro do repertorio orquestral, pola súa brillantez e ledicia. Ademais de contar con dúas marabillosas melodías, unha, interpretada polos instrumentos de vento madeira, e outra, pola sección de corda |
MÚSICA CLÁSICA Para empezar o venres con ledicia, que mellor que a OBERTURA da ópera Carmen do compositor romántico francés George Bizet. Recordade que a obertura é a peza instrumental que precede a ópera. |
||
S A I D A
|
MÚSICA FOLK Xota de cortellas é unha peza que pertence á primeira orquestra Folk e tradicional de Galicia SON DE SEU, fundada no ano 2001 por Rodrigo Romaní . Está composta por 53 músicos, divididos en sete secciones: gaitas, zanfoñas, percusión, requintas e frautas, arpas e instrumentos de corda, canto e violíns. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia.
|
MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90 “La isla bonita” de Madonna. Esta canción pertence ao álbum “True blue” (1986) da cantante estadounidense. |
MÚSICA ROCK “El ritmo del garage” é o primeiro álbum de estudio do cantante de rock español Loquillo xunto á banda os Trogloditas, tras dar por finalizada a súa etapa xunto ós Intocables. Foi publicada en 1983. |
MÚSICA JAZZ Take Five é unha composición de jazz creada por Paul Desmonde interpretada polo grupo The Dave Brubeck Quartet no seu álbum de 1959 Time Out. Este disco pasou a ser o máis coñecido do grupo grazas o contaxioso saxofón e o emprego dun compás pouco común, 5/4 ; dito compás, utilizouse anteriormente, mais esta obra conseguiu unha ampla aceptación comercial no mercado estadounidense. |
MÚISCA POP Para despedirnos da semana, escoitaremos a canción Say you won’t let go, do cantante inglés James Arthur, coñecido por ser o gañador da novena tempada do The X Factor do Reino Unido en 2012. |
||
T A R D E
|
|
BSO PELÍCULAS A BSO de Tarzán amenizarnos a tarde. Concretamente a canción “Dos mundos”. O seu compositor é Phill Collins. |
|
BSO PELÍCULAS A BSO de Tarzán amenizarnos a tarde. Concretamente a canción “Dos mundos”. O seu compositor é Phill Collins. |
|