Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

E

N

T

R

A

D

A

 

MÚSICA CLÁSICA

Barras y estrellas

John Philip Sousa

 

É una marcha militar patriótica estadounidense, xeralmente considerada a obra mestra do compositor Jinh Philip Sousa, compositor, marine e director musical neste país. Pola lei do Congreso, converteuse na marcha nacional dos Estados Unidos de América.

MÚSICA CLÁSICA

Waltz nº 2

Dimitri Shostakovich

 

Trátase do 2º movemento da “Suite para orquesta de variedades”. Unha suite é unha forma musical composta por movementos instrumentais breves e de carácter bailable. O seu compositor é Dimitri Shostakovich, un dos compositores e pianistas soviéticos máis importante do século XX.

MÚSICA CLÁSICA

Sinfonía nº 40

W.A.Mozart

 

Esta obra como seu nome indica é un sinfonía, é dicir, unha composición musical para orquestra dividida, xeralmente en catro movementos. Neste caso, é a penúltima, que o seu autor, o excelente músico do clasicismo, W.A.Mozart compuxo e a segunda que fixo en modo menor. Mozart, ademais de compositor foi pianista, director de orquestra e profesor, converténdose nun dos músicos máis influentes da historia.

MÚSICA CLÁSICA

Moto perpetuo nº 11

Niccolo Paganini

 

Moto perpetuo (en italiano), significa movemento continuo. As pezas musicais con este nome,  caracterízanse por unha corrente continua e fixa de notas nun tempo rápido. Neste caso, interprétana  instrumentos de corda fretada. Ideouna o compositor italiano, virtuoso  do violín e un dos máximos representantes do movemento instrumental do Romanticismo.

MÚSICA CLÁSICA

A máquina de escribir

Leroy Anderson

 

A máquina de escribir é unha novidosa peza instrumental clásica composta por Leroy Anderson en 1950. O seu nome refírese ao feito de que para a súa interpretación requírese dunha máquina de escribir, que se utiliza no escenario.

 

 

 

S

A

I

D

A

 

 

 

MÚSICA FOLK

Riverdance

Riverdance é un famoso espectáculo teatral de música e danza tradicionais irlandesas creado polo músico e compositor Bill Whelan.

MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90

I wanna dance with somebody

Whitney houston

Trátase do primeiro sencillo do álbum Whiney da cantante estadounidense co mesmo nome, Whitney Houston. Composto por Geroge Merril e Shannon Rubicam e publicado en 1987. A canción recibiu o premio Grammy en 1988 e converteuse nun éxito comercial

MÚSICA ROCK

Bienvenidos

Miguel ríos

“Bienvenidos” é un canción composta en 1982 por Miguel ríos, cantante y compositor de rock español, un dos pioneiros deste xénero no noso país. A orixe desta canción está nas gañas que Miguel tiña de compor un saúdo ao estilo das bandas inglesas. Saíulle dun tirón e fixo maxia.

MÚSICA RHYTHM AND BLUES

Stand by me

Ben E.King

 

É  unha canción de 1961, interpretada por Ben E.King e composta por el mesmo, por Jerry Leiber e Mike Stoller. Dita canción adaptouse a partir dun tema gospel.

MÚSICA POP

Feel

Robbie Willimas

Canción del cantautor británico Robbie Williams, lanzada como o primeiro sencillo do seu 5º álbum, Scapology (2002). Tras publicarse converteuse no maior éxito internacional de Williams, vendendo máis de 4 millóns de copias en todo o mundo e alcanzando o “top ten” en tódolos países europeos.

 

 

  T

A

R

D

E

 

 

BSO PELÍCULAS

Star wars

John Williams

A música de Star Wars é o conxunto dos temas orquestrais e musicais para a serie de “La guerra de las galaxias” de George Lucas, compostos case na súa totalidade para as películas, polo compositor, director de  orquestra, pianista e trombonista estadounidense,  John Williams, dende 1977

 

BSO PELÍCULAS

Star wars

John Williams

A música de Star Wars é o conxunto dos temas orquestrais e musicais para a serie de “La guerra de las galaxias” de George Lucas, compostos case na súa totalidade para as películas, polo compositor, director de  orquestra, pianista e trombonista estadounidense,  John Williams, dende 1977