Skip to Content

Axudas alumnado actividades de formación en linguas extranxeiras 2024

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Requisitos de participación:

  • Estar cursando Bacharelato durante o curso 2023/24.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/23.
  • Ter acadado no curso 2022/23, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Non estar incurso, nin o/a solicitante nin as persoas representantes/membros da unidade familiar, nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Estar en posesión de DNI, NIE ou pasaporte.

As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titor/a legal, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

Prazo aberto do 13 de febreiro ao 12 de marzo de 2024 (incluído).

Preme para consultar o cartel informativo

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes de solicitudes admitidas, solicitudes que precisan enmenda e solicitudes excluídas e ábrese un prazo de 10 días hábiles (fin de prazo 11 abril) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

   https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ 

O 23 de abril foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación relacionada coas comprobacións segunDo o establecido na Orde do 29 de xaneiro de 2024. 

Consultar na web da convocatoria ou no portal educativo

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O alumnado do club de ciencias recibiu unha charla de María Uxía Abad Sánchez, graduada en Tecnoloxías Mariñas na UDC (antiga licenciatura en Máquinas Navais) na especialidade eléctrico-electrónica, na que contou en que consiste este grao e as súas experiencias a bordo dos buques.
María Uxía é voluntaria de enxeñeiras sen fronteiras e este acto serviu para conmemorar o 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Grazas a Paola Mondaca por poñernos en contacto con ela.

Visita Santiago

Álbum: CURSO 2023/24 -> Visita Santiago - Alumnado Historia da Arte 2º Bach

Teatro en inglés

Alumnado de 4º da ESO do noso centro acudiu á representación dunha obra de teatro en inglés na Casa da Cultura de Sada. A actividade foi organizada polo departamento de inglés e financiada polo Concello de Sada.

Probas acceso a ciclos


Admisión Curso 2024/25

Alumnado de novo ingreso procedente de centros non adscritos (Prazo: do 1 ao 20 de marzo)

Presentación de solicitude de admisión única:

  • preferentemente de forma electrónica. 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

  • ou de forma presencial no centro educativo.

Modelo solicitude admisión (ED550B)

 Lexislación e información:

Actividades complementarias de xaneiro

- Días 8, 9, 15 e 16: Taller de convivencia e bo trato. (1º ESO)

- Día 22: Teatro en francés. (alumnado de francés de 4º ESO, 1º e 2º Bach). Actividade subvencionada polo Concello de Sada.

- Día 26: Charla sobre ABAU e graos universitarios. (2º Bach)

- Día 26: Contacontos en Francés. (1º ESO)

- Día 30: Visita á Universidade de Santiago. (1º Bach). Actividade subvencionada polo Concello de Sada.

- Día 30: Teatro en inglés na casa da cultura. (4º ESO)

Teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos

Publicada a Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos 

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades aproba e pon á disposición dos centros un protocolo para o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos

Pautas a implantar nos centros educativos, que se identifican como boas prácticas educativas en materia de convivencia escolar:

Nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que ofrezan algunha das ensinanzas reguladas na lei orgánica educativa en vigor, a prohibición de uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación establecida durante os períodos lectivos debe estenderse tamén, con carácter xeral, á totalidade da xornada escolar, incorporando os períodos non lectivos. En consecuencia, non se permitirá durante a xornada escolar o emprego libre destes dispositivos.

Considéranse aos efectos deste protocolo como períodos non lectivos os seguintes: as entradas e saídas, o tempo de recreo, de comedor escolar e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares.

Os centros poderán establecer excepcionalmente normas para a correcta utilización dos dispositivos indicados como ferramenta pedagóxica, supervisada polo profesorado.

Exceptuarase desta restrición o emprego proporcionado e razoable dos dispositivos por cuestións de oportunidade ou necesidade, médicas ou de outra índole, sempre e cando o motivo estea xustificado da maneira que se considere en cada caso atendidas as circunstancias, e así sexa autorizado pola dirección do centro, ou, de non ser isto posible, polo profesorado. 

Distribuir contido


by Dr. Radut