No curso 2020/21 ponse en práctica o programa Alumnado Axudante en 1º e 2º da ESO.
Consiste na selección dun grupo de alumnos/as en cada clase que desenvolven as seguintes funcións: escoitar e axudar aos compañeiros/as que o precisen, acompañar ao alumnado que se poida sentir só nalgún momento ou ao alumnado de recente incorporación.
O modelo de Alumnado Axudante é un programa que nos introduce no aproveitamento dun gran recurso humano: o propio alumnado. Diversas experiencias levadas a cabo en distintos centros educativos demostraron que, utilizando estratexias de axuda entre iguais, conséguese mellorar o clima do centro así como o desenvolvemento persoal e social dos axudantes e dos axudados/as.
Dende a coordinación de convivencia elaborouse unha presentación do programa que foi visualizada nas titorías por todos os cursos de 1º e 2º da ESO a finais do primeiro trimestre, coordinouse a selección do alumnado axudante e creouse unha materia en E-Dixgal para os titores de 1º e 2º ESO onde se publicaron diversas actividades para traballar a empatía, a escoita activa e a resolución de conflitos.