Comezamos o Plan Proxecta+ Publicidade Sa co alumnado de 4ºESO do IES en todas as materias do Departamento de Economía.
O alumnado estivo moi atento á historia da publicidade e poidemos visualizar dende o considerado anuncio mais antigo ata os modernos anuncios televisivos dos anos 60 e 80.
Dúas sesións para poñer en perpectiva a publicidade que reciben no dia a día.
O alumnado de 2ºESO no marco da materia Promoción de Estilos de vida Saudables analizou o contido de azucre presentes en diferentes bebidas, e o expuxo tal como vemos na seguinte imaxe
O 18 de maio o alumnado de 1º e 2º ESO realizou a carreira solidaria cun percorrido dentro do propio centro. Como testemuña presentamos as seguintes fotografías.
O programa DAFIS ten como obxectivo realizar un seguimento das capacidades físicas do noso alumnado e poder facer comparativas con outros rapaces de súa idade ademais de valorar os seus resultados implicando aos alumnos para comprender os datos e poder tomar decisións ao respecto.
A consellería aporta todo o material necesario para realizar os exercicios que nos permiten coñecer as capacidades físicas do alumnado.