Skip to Content

Saídas culturais

Saidas fora do instituto para diversificar a nosa capacidade de aprender e coñecer.

Viaxe a Alemaña

Do 5 ao 14 de abril alumnado de 2º ESO do noso centro viaxou á cidade alemá de Schiessel para devolver a visita que o alumnado do instituto Eichenschule fixo aquí en setembro. A súa estancia incluíu visitas ás cidades de Hamburgo e Breme e aloxamento coas familias alemás.

Roteiro Rosaliano

O pasado 4 de abril o alumnado de 1º de bacharelato visitou en Santiago e Padrón lugares destacados na vida de Rosalía de Castro, nunha saída cultural organizada polo departemento de lingua galega.

Viaxe a Francia

Alumnado de francés de 4º de ESO e 1º de bacharelato visitou en marzo a cidade de Annecy dentro do intercambio que fai o noso centro co Lycée Saint-Michel de dita localidade. Do 5 ao 12 de abril recibiremos a visita do alumnado francés.

Viaxes culturais a París e Londres

Álbum: CURSO 2022/23 -> Viaxes culturais a París e Londres

Concerto didáctico

O alumnado de 1º e 2º da ESO asistiu ao concerto didáctico "Música e lingua" organizado polo Concello de Sada no auditorio da Casa da cultura.

Inauguración Paseo da Igualdade

Álbum: CURSO 2020/21 -> Paseo da Igualdade

O Concello de Sada inaugurou o Paseo da Igualdade, co que quere reivindicar o papel das mulleres na sociedade e recoñecer a loita pola igualdade.

O Concello contou no acto coa colaboración do Club de lectura da biblioteca do IES Isaac Díaz Pardo. 

Do 23 ao 29 de abril: Intercambio Reims - Sada

Programa Intercambio IES Isaac Díaz Pardo, Lycée Jeanne d'Arc e Lycée Saint-Jean-Baptiste da cidade francesa de Reims. Viaxe a Reims. 22 alumnos e alumnas de 3º, 4º ESO e 1º Bach

Gallaecia Filmes: Carlos Casares

No desenvolvemento da Actuación Contratos Programa, Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia, o alumnado participante, coordinado polo profesor Xosé Seoane Cao, realizou este vídeo sobre Carlos Casares, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: outro excelente traballo de Gallaecia Filmes, a produtora do EDLG, que nos achega de xeito moi didáctico e ameno á traxectoria vital e literaria do grande escritor ourensán.

ABRIL 2017

  • O Departamento de Francés organiza unha viaxe a Paris, que se desenvolverá do 2 ao 6. Irá alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, que cursa francés.

  • O Departamento de Lingua e Literatura Castelá organiza unha charla para 1º de ESO na sala de Usos Múltiples do Instituto. Será ofrecida polo escritor Gonzalo Moure.
  • O alumnado de 3º de ESO recibirá no propio centro unha charla sobre Erasmus 3.0. Está organizada polo propio centro e será impartida en castelán e inglés.
  • O grupo que xestiona a Biblioteca organiza unha charla sobre aspectos legais en relación coa violencia de xénero. Está destinada a alumnado de 1º de Bacharelato
  • O Departamento de Ciencias Naturais ten previsto un percorrido polo entorno do Seixo Branco. A actividade vai destinada a alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
  • O Departamento de Orientación organiza unha visita ás facultades da UAC para 1º de Bacharelato. Actividade está enmarcada na aproximación do alumnado de Bacharelato ao mundo da Universidade.
  • O Departamento de Tecnoloxía, asistirá a un obradoiro-concurso de Robótica na Fundación Barrié. A actividade está destinada a alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato.
  • A ANPA do Instituto organiza unha viaxe de cinco días a Barcelona e Port Aventura. Asistirá alumnado de diferentes cursos.
Distribuir contido


by Dr. Radut