Skip to Content

Club de ciencia

Semana da ciencia

III Concurso derivadas

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O alumnado do club de ciencias recibiu unha charla de María Uxía Abad Sánchez, graduada en Tecnoloxías Mariñas na UDC (antiga licenciatura en Máquinas Navais) na especialidade eléctrico-electrónica, na que contou en que consiste este grao e as súas experiencias a bordo dos buques.
María Uxía é voluntaria de enxeñeiras sen fronteiras e este acto serviu para conmemorar o 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Grazas a Paola Mondaca por poñernos en contacto con ela.

I Concurso derivadas

Taller de xadrez

SUSPENDIDO

Día internacional da muller e da nena na ciencia. Charla Coloquio: Rosana Rodríguez López

Álbum: CURSO 2019/20 -> Mulleres STEAM

Charla coloquio desenvolvida o 27 de febreiro de 2020 coa participación de Rosana Rodríguez López, Doctora en Matemáticas, Profesora do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización, que imparte docencia nos Graos de Matemáticas e Bioloxía, no Máster de Matemáticas e de Formación do Profesorado. 

Na actualidade é a Vicedecana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora dos Graos de Matemáticas e Doble Grao de Matemáticas e Física.

O seu ámbito de investigación son as ecuacións diferenciais e a matemática difusa, onde ten 73 publicacións que recibiron máis de 4.600 citas, converténdose así nunha das matemáticas máis citadas do mundo no seu campo. No listado "Las mentes científicas más influyentes del mundo" figuran 99 matemáticos, dos que 2 son españois, unha é Rosana.

A súa faceta divulgadora non é menos brillante, así o ano pasado cando o Congreso dos Diputados reuniu ás 7 científicas españolas máis importantes para conmemorar o Día da Muller, Rosana foi unha das invitadas.

Club de ciencia: Talleres programados

  Data Horario
Xogos de estratexia Luns, 3 e 10 de febreiro 15:00 a 16:00 horas
A ciencia detrás da música Luns, 2 e 9 de marzo 15:00 a 16:00 horas
Os misterios da auga Luns, 20 de abril 15:00 a 16:00 horas
Ciencia recreativa Luns, 27 de abril 15:00 a 16:00 horas

Club de ciencia: Xogos de estratexia

Álbum: CURSO 2019/20 -> Club de Ciencia 3 de febreiro 2020

Primeiros pasos do Club de Ciencia

 

Club de Ciencia: Reunión informativa

Distribuir contido


by Dr. Radut