Skip to Content

Comunicacións para Pai/Nais

Cursos gratuítos de capacitación dixital para persoas adultas

O IES Isaac Díaz Pardo pertence á rede de centros de capacitación dixital. O obxectivo é formar en competencia dixital básica á poboación adulta que non estea recibindo formación no sistema educativo galego. Os cursos de formación son de 30 horas e están subvencionados polo Fondo Social Europeo, polo que son gratuítos. 

A inscrición realizarase de forma presencial na Secretaría do IES Isaac Díaz Pardo (horario de 9.00 a 14.00 de luns a venres).  

Cualificacións Segunda Avaliación Curso 2023/24. ESO, 1º Bacharelato

Publicación en Espazo Abalar o venres, 22 de marzo, ás 15:00 horas

Xornada familias 1º e 2º ESO: Uso seguro e responsable das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC)

O luns, 11 de marzo de 2024, ás 18:15 horas, desenvolverase unha charla na Biblioteca do centro sobre o uso seguro e responsable das TIC, destinada ás familias do alumnado de 1º e 2º ESO.

Esta xornada enmárcase dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas, desenvolto polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Cualificacións 2ª Avaliación 2º Bacharelato

Publicación en Espazo Abalar o venres, 8 de marzo de 2024, ás 15:00 horas.

Día non lectivo

O luns, 15 de abril de 2024, é día non lectivo elixido polo centro e autorizado pola Xefatura Territorial.

Teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos

Publicada a Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos 

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades aproba e pon á disposición dos centros un protocolo para o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos

Pautas a implantar nos centros educativos, que se identifican como boas prácticas educativas en materia de convivencia escolar:

Nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que ofrezan algunha das ensinanzas reguladas na lei orgánica educativa en vigor, a prohibición de uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación establecida durante os períodos lectivos debe estenderse tamén, con carácter xeral, á totalidade da xornada escolar, incorporando os períodos non lectivos. En consecuencia, non se permitirá durante a xornada escolar o emprego libre destes dispositivos.

Considéranse aos efectos deste protocolo como períodos non lectivos os seguintes: as entradas e saídas, o tempo de recreo, de comedor escolar e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares.

Os centros poderán establecer excepcionalmente normas para a correcta utilización dos dispositivos indicados como ferramenta pedagóxica, supervisada polo profesorado.

Exceptuarase desta restrición o emprego proporcionado e razoable dos dispositivos por cuestións de oportunidade ou necesidade, médicas ou de outra índole, sempre e cando o motivo estea xustificado da maneira que se considere en cada caso atendidas as circunstancias, e así sexa autorizado pola dirección do centro, ou, de non ser isto posible, polo profesorado. 

Probas de nivel lingüístico alumnado de 4º ESO e Bacharelato

Publicada a Resolución do 29 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/24

O obxectivo principal destas probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL).

As probas que realizará o alumnado serán do nivel B1, B2 ou C1 (segundo decida o alumnado coa orientación do seu profesorado de lingua estranxeira), e terá que ser unha das probas recollida no anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería, ou proba análoga que conte co mesmo recoñecemento internacional e siga os mesmos estándares de calidade.

As probas realizaranse durante o curso 2023/24

Unha vez publicada a resolución definitiva de centros seleccionados, se a dotación económica que recibe o centro educativo non fose suficiente para cubrir todas as demandas de alumnado interesado, os centros educativos seleccionarán o alumnado participante nestas probas segundo criterios transparentes, públicos e obxectivos dos que se informará ao claustro e que se aprobarán no consello escolar.

Cada alumno ou alumna poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira, que será, preferentemente a que curse como primeira lingua estranxeira

Distribuir contido


by Dr. Radut