Skip to Content

Comunicacións para Pai/Nais

Xornadas presentación titores familias

Os días 9 e 10 de outubro celebraranse no centro reunións informativas destinadas ás familias do alumnado. Terán lugar nas aulas de cada grupo.

Co fin de evitar aglomeracións, é recomendable a asistencia dun responsable por cada alumno/a.

9 de outubro de 2023:

18:30 horas: 

1º Bacharelato B e C

2º Bacharelato A e C

4º ESO C

10 de outubro de 2023:

18:30 horas:

1º ESO

2º ESO

1º Bacharelato A

2º Bacharelato B

19:30 horas:

3º ESO

4º ESO A, B, D, E

Inicio curso 2023/24

A actividade lectiva comeza o luns, 11 de setembro, no horario habitual do centro, de 8:45 a 14:20 horas e de 16:30 a 18:10 horas.

  • Alumnado 1º ESO: dirixirase ao distribuidor sito diante das aulas de 1º ESO (á dereita das escaleiras). Será recibido na Biblioteca polo equipo directivo, departamento de orientación e titores de grupo.
  • Alumnado 2º ESO: dirixirase ao distribuidor sito diante das aulas de 2º ESO (á esquerda das escaleiras). Será recibido en Usos Múltiples polo equipo directivo, departamento de orientación e titores de grupo.
  • Resto alumnado ESO e Bacharelato: agardará a ser chamado para dirixirse ás aulas de grupo acompañado polos titores

Consultar planos de aulas

Consultar horarios de grupos 

Asignación de grupo: consultar ABALARMÓBIL

Haberá transporte para todo o alumnado que o solicitou no momento de formalizar a matrícula.

  • Os autobuses iniciarán os percorridos nos horarios habituais. 
  • Os carnés serán entregados nesta primeira xornada
  • Rutas

 Ruta 1 (Mandín-Cruce de Samoedo): IES Isaac Díaz Pardo, Cruce de Samoedo, O Castro, Arrancapinos, Obra do Paño, Espíritu Santo, Coiro, Soñeiro 1, Lugar de Costa 20A, Mandín 

Ruta 2 (Transporte Integrado, Xeitosiña-Tarabelo): IES Isaac Díaz Pardo, Tarabelo, Mondego 1, Mondego 2, Mosteirón 1, Mosterión 2, Castelo, Osedo 1, Osedo 2, Seixeda, Xeitosiña 

Ruta 3 (Castelo 2, Aldea de Carta): IES Isaac Díaz Pardo, Aldea de Carta, Meirás, Pé do Muíño, Penedo, Souto da Igrexa 2, Souto da Igrexa 1, Vilar 1, Vilar 2,  Castelo 1, Castelo 2 

Ruta 4 (Carnoedo-Fontán): IES Isaac Díaz Pardo, Fontán (Casa dos mariñeiros), Pazos 1, Pazos 2, Carnoedo 

Ruta 5 (Riobao-Fontán): IES Isaac Díaz Pardo, Riobao, Beloi, Souto 83, Souto 1, Taibó 1, Taibó (Caínzo), Veigue 2, Veigue 1, A Valexa,  Fontán (Casa dos mariñeiros)

Reunión informativa familias 1º ESO (de nova incorporación)

O xoves, 7 de setembro, ás 19:00 horas celebrarase no centro reunión informativa destinada ás familias do alumnado de 1º ESO de nova incorporación.

"Enquisa de diagnose da convivencia 2023": Recollida de datos

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015, no 2019 e no 2021 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

Transcorrida esta etapa, publícase a nova estratexia de convivencia, a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, que contempla o seguimento e avaliación da convivencia escolar en Galicia mediante a realización dunha enquisa bianual nos centros educativos e a elaboración do posterior informe de diagnose.

A recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. 

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental co fin de garantir uns óptimos resultados.

Terá que cubrilo todo o profesorado, persoal non docente, alumnado a partir de 5º de EP e as familias de todo o alumnado menor de 18 anos.

CUESTIONARIOS:

Cuestionario profesorado

Cuestionario para persoal non docente

Cuestionario alumnado ESO

Por quendas cubrirá o cuestionario no centro (nas enquisas as opcións de resposta xéranse en orde aleatorio)

Recollida de datos para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria 2023 (xunta.gal)

Cuestionario de alumnado de ensinanzas postobrigatorias

Recollida de datos para o alumnado de ensinanzas postobrigatorias 2023 (xunta.gal)

Cuestionario para familias:

Recollida de datos para as familias 2023 (xunta.gal)

Cubrirase un por cada centro no que teña escolarizado/a un/unha fillo/a (independentemente da etapa que curse).

O centro entregará ao alumnado a carta para as familias (contén as claves de acceso coas que poderán participar polos seus propios medios na enquisa)

 A enquisa estará operativa ata o 22 de maio de 2023

Convocada folga de transporte indefinida a partir do 8 de maio.

DESCONVOCADA

A ORDE do 21 de abril de 2023 pola que se establecen os servizos mínimos que se prestarán durante a folga convocada pola Confederación Intersindical  Galega (CIG), a Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.) e a Confederación Sindical Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores de España (UGT) no sector do transporte de viaxeiros en autobús por estrada na Comunidade Autónoma de Galicia para os días 27 e 28 de abril, que será indefinida a partir do 8 de maio(DOGA do 26 de abril) espefica no Artigo único, 2 como servizos mínimos:

"Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: os servizos de entrada aos centros desde as 7.30 ata ás 10.30 horas, e os de saída desde as 13.30 ata ás 19.00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros".

Todas as liñas do Díaz Pardo cumpren esa condición polo que é previsible que o servizo de transporte funcione con normalidade, aínda que non se pode descartar que se produzan incidencias.

 

Cualificacións 2ªAvaliación ESO - Bacharelato

10 de marzo de 2023:

Entrega boletíns de cualificacións 2ª Avaliación ESO e Bacharelato, nas aulas de grupo

Publicación en Espazo Abalar  ás 15:00 horas.

Renovación de persianas

A Concellería de Educación e Deporte do Concello de Sada, colaborou na renovación das persianas das aulas de Usos Múltiples, Informática, Música e Taller de Tecnoloxía.

    

   

Resolución definitiva de centros beneficiarios das axudas de acreditación lingüística

Publicada a resolución definitiva de centros beneficiarios das axudas de acreditación lingüística a centros públicos.

Concedidas as axudas solicitadas polo alumnado matriculado en 2º Bacharelato.

Os Departamentos de Linguas Estranxeiras completarán información.

Enquisa valoración Proxecto E-Dixgal

A piques de rematar o curso 2021/22, pregamos dediquen uns minutos a encher o formulario de valoración do Proxecto E-Dixgal 2021/22

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/ZqixcreKymmeQxLe

Distribuir contido


by Dr. Radut