De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015, no 2019 e no 2021 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.
Transcorrida esta etapa, publícase a nova estratexia de convivencia, a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, que contempla o seguimento e avaliación da convivencia escolar en Galicia mediante a realización dunha enquisa bianual nos centros educativos e a elaboración do posterior informe de diagnose.
A recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.
A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental co fin de garantir uns óptimos resultados.
Terá que cubrilo todo o profesorado, persoal non docente, alumnado a partir de 5º de EP e as familias de todo o alumnado menor de 18 anos.
CUESTIONARIOS:
Cuestionario profesorado
Cuestionario para persoal non docente
Cuestionario alumnado ESO
Por quendas cubrirá o cuestionario no centro (nas enquisas as opcións de resposta xéranse en orde aleatorio)
Recollida de datos para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria 2023 (xunta.gal)
Cuestionario de alumnado de ensinanzas postobrigatorias
Recollida de datos para o alumnado de ensinanzas postobrigatorias 2023 (xunta.gal)
Cuestionario para familias:
Recollida de datos para as familias 2023 (xunta.gal)
Cubrirase un por cada centro no que teña escolarizado/a un/unha fillo/a (independentemente da etapa que curse).
O centro entregará ao alumnado a carta para as familias (contén as claves de acceso coas que poderán participar polos seus propios medios na enquisa)
A enquisa estará operativa ata o 22 de maio de 2023