Competencia dixital do alumnado
O Marco Galego de Competencias Dixitais establece 5 grandes áreas de dominio e 21 competencias
- Información e datos
- Comunicación e colaboración
- Creación e contido dixital
- Seguridade e privacidade
- Contorna dixital e solución de problemas
Certificación ComDix
- Certificación do nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais.
- A partir de que idade se obtén? A partir dos 16 anos.
- Como se obtén? Validación, proba.
- Caducidade. 5 anos. No prazo de 6 meses, novas probas de certificación.
Niveis de aptitude:
- Iniciación. Alumnado que obteña o título da ESO
- Intermedio.
- Alumnado matriculado 4º ESO + Proba específica que acredita competencias dixitais de nivel intermedio.
- Alumnado que obteña o título de Bacharelato. Acredita áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 co nivel intermedio
- Alumnado matriculado en 2º Bacharelato + Proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio
Solicitude e inscrición nas probas específicas na secretaría do centro
- Data límite: 15 de marzo de 2024
- Modelo de solicitude: Anexo IV Modelo de solicitude de inscrición nas probas específicas para acreditación das competencias dixitais do alumnado. Require autorización proxenitores no caso de alumnado menor de idade
Data e lugar de realización das probas
- Proba específica que acredita competencias dixtais de nivel intermedio
- Maio.
- Duración máxima: 90 minutos
- 60 preguntas (12 por cada área de dominio)
- Para superar a proba é preciso responder correctamente ao 70% das preguntas. Mínimo 60% respostas correctas en cada área.
- Proba específica que acredita área de dominio 4 de nivel intermedio
- Abril.
- Duración máxima: 20 minutos
- 12 preguntas
- Para superar a proba é preciso responder correctamente ao 60% das preguntas.
Desenvolveranse no centro educativo na data e hora establecidas segundo dispoñibilidade.
Acreditación alumnado que titulou ESO nos cursos 2021/22, 2022/23 tendo participado no programa E-Dixgal nun mínimo de tres cursos.
- Poderá solicitar a acreditación no centro no que rematase 4º ESO.
- Prazo de solicitude: do 2 ao 15 de maio de 2024.
- Modelo de solicitude: Anexo V Modelo de solicitude de acreditación de competencias dixitais para persoas que obtivesen o título de ESO no curso 2021/22 ou no curso 2022/23 e participaran no programa E-Dixgal