Skip to Content

Complementarias

Actividades complementarias de novembro

- Día 11: Inauguración da Ciberliga de Seguridade organizada pola Garda Civil.

- Día 11: Conmemoración do Día internacional contra a violencia e o acoso escolar. (2º ESO)

- Días 11, 15, 18, 22, 25 e 29: Programa YAM. (3º ESO)

- Día 14: Semana da ciencia para centros educativos no MUNCYT. (4º ESO)

- Do 18 ao 22: Proxección de curtametraxes contra a violencia de xénero. (2º ESO)

- Día 19: Visita ás instalacións de Applus+. (2º Bacharelato)

- Día 22: Conmemoración do Día internacional de eliminación de violencia contra a muller 25N. (1º ESO)

- Día 25: VI Ciberliga de Seguridade organizada pola Garda Civil. (4º ESO)

Actividades complementarias de outubro

- Día 14: Visita á exposición sobre a fábrica de enxarcias e lonas de Sada na rúa Venezuela. (1º ESO).

- Día 21: XV Obradoiro-Concurso de robótica na Coruña. (1º Bach)

- Día 30: Celebración do Samaín co concurso literario e de cabazas.

- Participación no concurso de vídeos "Mocidade ao mando". (1º Bach)

Actividades complementarias de setembro

- Do 23 ao 2 de outubro: recepción da visita do alumnado do instituto Eichenschule da cidade alemá de Schiessel.

Visitas ás cidades da Coruña, de Santiago e Cerámicas de O Castro. Actividade subvencionada polo Concello de Sada.

Samaín 2024

 

Actividades complementarias de xuño

- Días 10 e 11: Visita ao pazo de Meirás. (4º ESO) Actividade subvencionada polo Concello de Sada.

- Día 12: Sendeirismo por Cambre. (2º ESO) Actividade subvencionada polo Concello de Sada.

- Día 13: Visita ao CEIP Sada e Contornos para xornada de contacontos. (4º ESO)

- Día 17: Fundación Camilo José Cela e casa de Rosalía de Castro en Padrón. (4º ESO)

- Día 18: Visita a Santiago. (Clubes da biblioteca)

- Día 18: Charlas sobre reciclaxe. (1º ESO) ANULADA

- Días 19 e 20: Sendeirismo por Betanzos. (1º ESO) ANULADA

- Día 20: Excursión a Taramundi. (Club de ciencias)

- Día 21: Graduación de 2º Bacharelato.

Programa de radio no Día das Letras Galegas

Álbum: CURSO 2023/24 -> Programa de radio

Dentro dos actos de celebración do Día das Letras Galegas 2024 o 16 de maio emitiuse desde a biblioteca do instituto o programa "Hoy por hoy" de Radio Coruña Cadena Ser dedicado a Luísa Villalta. Alumnado de 1º de ESO e de 1º de Bacharelato colaborou facendo lecturas sobre a súa vida e de diversos textos da súa obra e incluso aportando algunha peza musical.

Homenaxe a Luísa Villalta

Álbum: CURSO 2023/24 -> Homenaxe a Luísa Villalta

O 13 de maio tivemos na biblioteca do Isaac Díaz Pardo un acto de homenaxe á figura de Luísa Villalta, antiga profesora do noso centro. Ademais de presentar a guía didáctica feita por profesorado e alumnado, o acto contou coa presenza e as palabras de familiares da homenaxeada; de Benito Portela, alcalde do Concello de Sada, e membros da corporación municipal; de María Dolores Sanchez Palomino, académica de número da Real Academia Galega; e da nosa directora María Sol Doval. O acto rematou coa interpretación duns poemas de Luísa versionados polo músico local Paris Joel.

II Olimpíadas de Teleco

Novo éxito nas II Olimpíadas nacionales de Telecomunicacións. Candela Naya López, alumna de 2º de Bacharelato conseguiu o terceiro posto da categoría individual da fase local. Recibiu o premio este venres en Vigo, de mans de Benito Paz, CTO de Televés. Parabén Candela.

Actividades complementarias de maio

- Día 2: Taller de educación afectiva e sexual. (2º ESO)

- Día 8: Participación na fase nacional das Olimpiadas de Teleco (1º Bach)

- Día 9: Visita á Escola de Camiños e ao CITEEC. (4º ESO) Actividade subvencionada polo Concello de Sada.

- Días 9, 10: Actividade Reserva da Biosfera: Debuxando a natureza. (1º ESO)

- Día 10: Visita polo contorno para o observación da súa flora. (1º Bach)

- Día 10: Charla da escritora Esperanza Mariño. (1º Bacharelato)

- Día 10: Visita a Pontedeume. (3º ESO e 4º PDC) Actividade subvencionada polo Concello de Sada.

- Día 13: Obradoiro de creación lírica. (1º ESO)

- Día 13: Acto institucional sobre Luísa Villalta.

- Día 15: Celebración do día das Letras Galegas no paraninfo da UDC. Actividade subvencionada polo Concello de Sada.

- Día 16: Emisión en directo da Cadena Ser desde o instituto.

- Día 20: Concerto de París Joel. (4º ESO)

- Día 20: Rafting. (1º Bacharelato)

- Do 27 ao 31: Semana da ciencia.

- Día 28: Visita á fábrica de Bonilla. (1º Bacharelato) ANULADA

- Día 30: Xornada de elaboración e degustación de crêpes. (2º ESO)

- Día 30: Surf. (1º ESO)

- Día 31: Campaña contra a basuraleza: limpeza da praia de Sada. (4º PDC)

 
 

II Olimpíadas de Teleco

Éxito en Vigo do alumnado de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de Bacharelato nas II Olimpíadas de Teleco, na modalidade equipos co seu proxecto LixoAndGo, que conseguiu o primeiro premio, quedando clasificado para representar a Galicia na fase nacional.
LixoAndGo é un punto limpo portátil e automatizado que permite facilitar ao usuario o depósito de residuos axudando a evitar a contaminación.

Distribuir contido


by Dr. Radut