Skip to Content

Calendario de curso e de exames

Calendario fin de curso. Avaliación final ESO e extraordinaria 1º Bacharelato

25 de xuño 2024:

13:00 horas, aulas habilitadas: Entrega boletíns 1º, 2º ESO, 1º Bacharelato. Publicación Abalar: 15:00 horas.
17:00 horas, aulas habilitadas: Entrega boletíns 3º e 4º ESO. Publicación Abalar: 18:00 horas.

26 e 27 de xuño (ata as 14:00 horas): Revisión e reclamación cualificacións/decisión titulación, promoción

 Premer no enlace para consultar procedemento reclamación

Revisión: O alumnado ou, de ser o caso, as súas nais, os seus pais ou as persoas titoras legais, que non estean de acordo coas cualificacións ou decisións adoptadas na avaliación final poderán solicitar cantas aclaracións consideren precisas á persoa titora e ao profesorado.

 

Reclamación:

No caso de que persista o desacordo, a alumna ou o alumno, ou a súa nai, o seu pai ou as persoas titoras legais poderán solicitar por escrito á dirección do centro a revisión da devandita cualificación ou decisión, no prazo de dous días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicaciónPremer no enlace para acceder aos modelos

Solicitude de revisión dunha cualificación:

A dirección do centro trasladará ao departamento didáctico responsable da materia a solicitude de revisión da cualificación final e comunicarao á persoa titora.

28 de xuño (14:00 horas): A resolución comunicarase por escrito á alumna ou ao alumno ou, de ser o caso, á súa nai, ao seu pai ou ás persoas titoras legais.

Solicitude de revisión da decisión de promoción ou titulación

A dirección do centro trasladará á persoa titora da alumna ou do alumno a solicitude de revisión da decisión de promoción ou titulación.

28 de xuño (14:00 hotas): Comunicación da resolución logo da reunión en sesión extraordinaria do equipo docente para revisar a decisión adoptada sobre a promoción ou titulación da alumna ou do alumno.

1 e 2 de xullo (ata as 14:00 horas): Reclamación ante Xefatura TerritorialPremer no enlace para acceder aos modelos.

Se, tras o procedemento de revisión no centro, persiste o desacordo coa cualificación final dunha materia ou coa decisión sobre a promoción ou a titulación, o alumnado ou, de ser o caso, a súa nai, o seu pai ou as persoas titoras legais poderán presentar por escrito á dirección do centro docente unha reclamación ante a xefatura territorial correspondente, no prazo de dous días hábiles contados a partir do día seguinte á comunicación sobre a decisión adoptada.

Probas finais extraordinarias 1º Bacharelato Curso 2023/24

 Premer sobre a imaxe para descargar arquivo  

 

Calendario fin de curso 1º Bacharelato. Curso 2023/24. Convocatoria ordinaria

12 de xuño 2024:

12:45 horas. Entrega dos boletíns de cualificacións nas aulas de cada grupo. Publicación en ABALAR ás 13:00 horas.

13 e 14 de xuño (ata as 14:00 horas): Revisión e reclamación cualificacións/decisión promoción convocatoria ordinaria

 Premer no enlace para consultar procedemento reclamación

Revisión: O alumnado ou os seus representantes legais poderán solicitar ao profesorado e á persoa docente titora cantas aclaracións consideren precisas acerca das valoracións que se realicen sobre o seu proceso de aprendizaxe, así como sobre as cualificacións ou decisións que se adopten como resultado do devandito proceso. En todo caso, a reclamación formal abranguerá unicamente as cualificacións finais.

 

Reclamación:

No caso de que persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha materia ou coa decisión de promoción adoptada para un alumno ou alumna, este ou os seus representantes legais poderá solicitar por escrito a revisión, no prazo de dous días lectivos contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación. Premer no enlace para acceder aos modelos

Solicitude de revisión dunha cualificación:

Xefatura de estudos traslada a solicitude ao departamento didáctico e comunicará tal circunstancia á persoa docente titora.

17 de xuño (14:00 horas): Xefatura de estudos comunica por escrito a decisión razoada do departamento didáctico de ratificación ou modificación da cualificación revisada e informa por escrito á persoa titora.

Solicitude de revisión da decisión de promoción

Xefatura de estudos traslada a solicitude á persoa docente titora como responsable da coordinación da sesión de avaliación.

17 de xuño: Reunión extraordinaria de avaliación para a revisión do proceso de adopción da decisión de promoción á vista das alegacións realizadas.


18 e 19 de xuño (ata as 14:00 horas):
Reclamación ante Xefatura Territorial
. Premer no enlace para acceder aos modelos.

No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha materia, ou coa decisión sobre a promoción adoptada polo equipo docente, o alumnado ou os seus representantes legais poderán presentar por escrito á dirección do centro docente, no prazo de dous días hábiles a partir do día seguinte á comunicación sobre a decisión adoptada, reclamación ante a Xefatura Territorial correspondente.

Probas extraordinarias 2º Bacharelato xuño 2024

As probas correspondentes ás materias pendentes de 1º Bacharelato realizaranse a continuación das de 2º curso.

Calendario fin de curso 2º Bacharelato. Curso 2023/24. Convocatoria ordinaria

16 de maio 2024:

9:00 horas, aulas de cada grupo: Entrega boletíns de cualificacións. Publicación en Abalar

9:15 horas, aula de usos múltiples: Reunión da orientadora co alumnado que se presenta á ABAU na convocatoria ordinaria.

20 e 21 de maio (ata as 14:00 horas): Revisión e reclamación cualificacións/decisión titulación convocatoria ordinaria

 Premer no enlace para consultar procedemento reclamación

Revisión: O alumnado ou os seus representantes legais poderán solicitar ao profesorado e á persoa docente titora cantas aclaracións consideren precisas acerca das valoracións que se realicen sobre o seu proceso de aprendizaxe, así como sobre as cualificacións ou decisións que se adopten como resultado do devandito proceso. En todo caso, a reclamación formal abranguerá unicamente as cualificacións finais.

 

Reclamación:

No caso de que persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha materia ou coa decisión de titulación adoptada para un alumno ou alumna, este ou os seus representantes legais poderá solicitar por escrito a revisión, no prazo de dous días lectivos contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación. Premer no enlace para acceder aos modelos

Solicitude de revisión dunha cualificación:

Xefatura de estudos traslada a solicitude ao departamento didáctico e comunicará tal circunstancia á persoa docente titora.

22 de maio (14:00 horas): Xefatura de estudos comunica por escrito a decisión razoada do departamento didáctico de ratificación ou modificación da cualificación revisada e información por escrito á persoa titora.

Solicitude de revisión da decisión de titulación

Xefatura de estudos traslada a solicitude á persoa docente titora como responsable da coordinación da sesión de avaliación.

22 de maio: Reunión extraordinaria de avaliación para a revisión do proceso de adopción da decisión de titulación á vista das alegacións realizadas.

16 e 20 de maio: Matrícula ABAU no centro

21 de maio: Continuidade das clases (preparación probas ABAU e/ou probas convocatoria extraordinaria).

23 e 24 de maio (ata as 14:00 horas): Reclamación ante Xefatura Territorial. Premer no enlace para acceder aos modelos.

No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha materia ou coa decisión sobre a titulación adoptada polo equipo docente, o alumnado ou os seus representantes legais poderán presentar por escrito á dirección do centro docente, no prazo de dous días hábiles a partir do día seguinte á comunicación sobre a decisión adoptada, reclamación ante a Xefatura Territorial. 

Probas materias pendentes. Terceiro parcial. Curso 2023/24

Premer sobre a imaxe para descargar o arquivo

Día non lectivo

O luns, 15 de abril de 2024, é día non lectivo elixido polo centro e autorizado pola Xefatura Territorial.

Probas de materias pendentes. Segundo parcial. Curso 2023/24

 Premer sobre a imaxe para descargar arquivo

Distribuir contido


by Dr. Radut