Skip to Content

Saídas culturais

Saidas fora do instituto para diversificar a nosa capacidade de aprender e coñecer.

MARZO 2017

  • O Departamento de Inglés organizou unha viaxe a Londres de 5 días para alumnado de 2º de Bacharelato

  • A Biblioteca do centro, seguindo coa actividade de dar a coñecer as Bibliotecas da contorna ao alumnado do Centro, organiza a visita á Biblioteca do Ágora en A Coruña para 3º de ESO.
  • Os profesores dos dous Departamentos de Linguas Clásicas organiza para os alumnos de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, unha visita á cidade de Lugo, no transcurso da cal asistirán a unha obra de teatro clásico
  • O Departamento de Economía acolle no centro, e para alumnos de 1º e 2º de ESO, matriculados na materia Educación Financieira, unha charla sobre o tema no marco do programa Galicons.net.
  • Os Departamentos de Tecnoloxía e Economía, e como continuación con proxecto Lanzadeiras, acompañarán ao alumnado de 1º (Robótica) e 2º (Economía) de Bacharelato a unha charla, que terá lugar  na sala de Usos Múltiples do noso centro.

FEBREIRO 2017

  • O alumnado de 4ºde ESO, nunha actividade promovida pola Biblioteca, visita á Biblioteca González-Garcés  e o  MAC en A Coruña.
  • Olimpiada de Xeoloxía. Participación do alumnado acompañado pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía.
  • Visita á Fábrica de Coca-Cola en A Coruña. O alumnado de 2º de ESO acompañados dos titores correspondentes e de profesores que lles imparten clase, realizarán a visita esperando que sexa a base para que se animen a participar no Concurso de Relato convocado poloa mencionada empresa.
  • O alumnado de 2º de ESO fai a preceptiva visita á Biblioteca da contorna; neste caso será Rialeda en Oleiros.
  • Os Departamentos de Linguas Clásicas organizan unha visita co alumnado de 3º de ESO a A Coruña; a idea é subir á Torre de Hércules e seguidamente visitar o Castelo de San Antón
  • O Departamento de Tecnoloxía e xunto con alumnado de 1º Bacharelato asiste a unha charla  na Universidade Laboral (Programa LANZADEIRAS)
  • O EDLG e o Departamento de Lingua Galega organizaron a asistencia á obra de teatro Bicos con Lingua,que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada. Vai alumnado de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

MARZO 2017

LONDON

O alumnado de 2º Bacharelato visitou Londres, acompañado polas profesoras Mary Cruz e Ofelia. O xoves, 2 de marzo, posan diante dun dos símbolos máis destacados da cidade: Tower Bridge

XANEIRO 2017

  • VISITA CASA-MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN - SEDE REAL ACADEMIA GALEGA

Alumnado 4º ESO. Actividade organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Castelá.

  • VISITA DOMUS - MUNCYT

Alumnado ESO da materia Cultura Científica

  • CHARLA DO ESCRITOR E PROFESOR MANOLO PORTAS

Mércores 18. Alumnado de 1º de Bacharelato. Actividade organizada pola profesora Pilar García, coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística 

  •  VISITA INSTALACIÓNS PULL & BEAR EN NARÓN

Venres 20. Alumnado de Economía da Empresa. Actividade organizada polo Departamento de Economía

 

 

DECEMBRO 2016

  • VISITA UNITUR

A proposta do departamento de Orientación, o alumnado de 2º Bacharelato visitou Unitur recibindo información detallada sobre estudos Universitarios. 

  • CONTACONTOS INGLÉS GALEGO

Os alumnos de 2º e 3º de ESO participaron o luns 19 de decembro nesta actividade a proposta dos departamentos de Lingua Galega e Lingua Inglesa.

NOVEMBRO 2016

 

  • Educando en Igualdade. Proposta do Concello de Sada que conecta co tema de Violencia de Xénero. Actividade destinada alumnado de 2º de ESO. Empezou no mes de Outubro e remata en Novembro, na data na que se conmemora o Día da Violencia de Xénero (25 de Novembro).

  • Roteiro Oteriano. Departamentos de Lingua Galega e Dinamización realizaron esta actividade que percorre terras de Ourense. Destinada ao alumnado de 4º de ESO.

  •  Visita á Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo de Sada. Actividade programada pola Biblioteca do instituto co fin de que o alumnado de novo ingreso coñeza ese espazo, nun desexo de que poidan utilizar os recursos que ten o pobo e que estarían ao seu alcance.

  • Visita á Escola de Arquitectura. Departamento de Plástica organiza unha visita a esta Escola para o alumnado de 1º e 2º Bacharelato que estuda Debuxo Técnico.

  • Obradoiro de PREHISTORIA: o lume. Organizada polo Departamento de Xeografía e Historia. Destinada a alumnado de 1º de ESO. 

  • Actividade interdisciplinar: Os departamentos de Ciencias Naturais, Xeografía e Historia e o propio Centro dende a Vicedirección, organizan unha saída conxunta e de diversos niveis para realizar tres actividades:

Patinaxe sobre xeo
Visita á Casa das Ciencias, destinadas a 1º de ESO,  e
Visita ao Muncyt e Centro Meteorolóxico para alumnado de 2º de Bacharelato.

  • Teatro na Casa da Cultura Pintor LLoréns de Sada. Alumnado de  3º e 4º de ESO asistirán a unha representación teatral na Casa da Cultura e con motivo do Día contra A violencia de Xénero.

 

 

PARÍS

Fotos do viaxe a París!!!!!

 

De París 2014

SAÍDA A BANDE

 

23 DE MAIO

 SAÍDA A BANDE

 

ALGÚNS DOS NOSOS ALUMNOS SAÍRON A VISITAR A COMARCA DE BANDE NUNHA XORNADA DE INTERCAMBIO CON ALUMNOS DO IES  AQUIS QUERQUERNIS

Todas as fotos

 

 

Atapuerca

 

As fotos do viaxa a ATAPUERCA.... pinchade na imaxe

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut