Skip to Content

Preguntas pola igualdade

A Comisión de Igualdade convoca o concurso Preguntas pola igualdade para que desde o 30 de xaneiro ao 8 de marzo "Día da muller" a comunidade educativa do noso centro participe respondendo. Ademais dos premios aos máis acertados, o concurso persegue concienciar e facer visibles tópicos que manteñen vivo todo tipo de desigualdades.

Actividades complementarias de febreiro

Día 2: Visita á Universidade de Santiago. (1º Bach)

Día 2: "Crêpes a la Marinière" charla de gastronomía francesa. (2º ESO)

Día 3: Charla sobre voluntariado europeo. (2º Bach)

Días 13, 14 e 17: Plan Director da Garda Civil. (De 1º a 4º ESO)

Día 17: Celebración do Entroido.

Días 21 a 25: Viaxe cultural a Londres. (2º Bach)

Día 28: Festival de Teatro Grecolatino en A Coruña. (4º ESO, 1º e 2º Bach)

Premio I-Comercio

O alumnado de Economía de 4º da ESO da profesora María Sande foi gañador dun dos premios do certame escolar da Xunta I-Comercio (Idea o teu comercio!) entregado en Santiago polo Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. O noso centro resultou premiado na  categoría dedicada a proxectos relacionados co mundo da arte, a cultura, o entretemento, a tecnoloxía e a innovación, co proxecto dun centro comercial formado por tendas e produtos 100% galegos.

Renovación de persianas

A Concellería de Educación e Deporte do Concello de Sada, colaborou na renovación das persianas das aulas de Usos Múltiples, Informática, Música e Taller de Tecnoloxía.

    

   

Resolución definitiva de centros beneficiarios das axudas de acreditación lingüística

Publicada a resolución definitiva de centros beneficiarios das axudas de acreditación lingüística a centros públicos.

Concedidas as axudas solicitadas polo alumnado matriculado en 2º Bacharelato.

Os Departamentos de Linguas Estranxeiras completarán información.

Actividades complementarias de novembro

Premios concurso de cómic

Dous dos nosos alumnos de debuxo foron premiados no concurso de cómic AX1. Nuno Cabrera cun accésit na categoría de maiores de 16 anos e Álex Fornos co 2º premio na mesma categoría. Posan cos diplomas acompañados da súa profesora Sabela Arias o pasado venres, día da entrega de galardóns en Santiago.

Samaín na biblioteca

Álbum: CURSO 2022/23 -> Samaín na biblioteca

No IV Concurso de Microrrelatos de Samaín organizado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega resultaron gañadoras do Premio da crítica Mar Bermejo Carreira e Inés Andújar Vilar de 1º ESO C e gañadores do Premio do público Javier Vázquez Bugallo e Iago López Merino de 2º ESO D.

Inauguración da porta do laboratorio de bioloxía

O pasado mes de setembro a micóloga Marisa Castro Cerceda deu unha charla e inaugurou a porta do laboratorio de bioloxía deseñada polo alumnado de debuxo de bacharelato e adicada a ela.

Distribuir contido


by Dr. Radut