Skip to Content

ANPA: Circular actividades

Prezadas familias.

Queremos achegarvos información acerca dunha serie de actividades extraescolares que queremos ofrecer para o curso 2024/25, e que se levarán a cabo en colaboración con diversos centros da vila e do Concello de Sada.

O prazo para apuntarse é ata o venres, 27 de setembro.

No documento tedes toda a información.

Si necesitades algunha información adicional chamade ao 697 461 356  (só en horario de tarde).

 

Axudas material escolar. Curso 2024/25

Prazo presentación solicitudes: 21/05/2024 - 21/06/2024

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade: á listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e á relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.  

Consultar na Secretaría do centro

 https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

 As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2024 como data límite.

Programa de radio no Día das Letras Galegas

Álbum: CURSO 2023/24 -> Programa de radio

Dentro dos actos de celebración do Día das Letras Galegas 2024 o 16 de maio emitiuse desde a biblioteca do instituto o programa "Hoy por hoy" de Radio Coruña Cadena Ser dedicado a Luísa Villalta. Alumnado de 1º de ESO e de 1º de Bacharelato colaborou facendo lecturas sobre a súa vida e de diversos textos da súa obra e incluso aportando algunha peza musical.

Homenaxe a Luísa Villalta

Álbum: CURSO 2023/24 -> Homenaxe a Luísa Villalta

O 13 de maio tivemos na biblioteca do Isaac Díaz Pardo un acto de homenaxe á figura de Luísa Villalta, antiga profesora do noso centro. Ademais de presentar a guía didáctica feita por profesorado e alumnado, o acto contou coa presenza e as palabras de familiares da homenaxeada; de Benito Portela, alcalde do Concello de Sada, e membros da corporación municipal; de María Dolores Sanchez Palomino, académica de número da Real Academia Galega; e da nosa directora María Sol Doval. O acto rematou coa interpretación duns poemas de Luísa versionados polo músico local Paris Joel.

II Olimpíadas de Teleco

Éxito en Vigo do alumnado de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de Bacharelato nas II Olimpíadas de Teleco, na modalidade equipos co seu proxecto LixoAndGo, que conseguiu o primeiro premio, quedando clasificado para representar a Galicia na fase nacional.
LixoAndGo é un punto limpo portátil e automatizado que permite facilitar ao usuario o depósito de residuos axudando a evitar a contaminación.

Admisión Curso 2024/25: Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas. Os interesados poden consultar as listaxes na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro.

Contra as listaxes provisionais poderá formularse reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio.

Comunicado ANPA

Estimados socios e socias:

Poñémonos en contacto con vos para comunicar a necesidade de formar unha nova xunta directiva para a Anpa As Brañas.

Ao remate deste curso 23/24 tres dos actuais membros deixaremos os nosos cargos.

Foron catro anos de colaboración e participación na actividade do centro, algún deles especialmente complicados como os da pasada pandemia e cremos que chegou o momento do relevo, de que o IES Isaac Díaz Pardo conte cun proxecto novo na Anpa que poida aportar novas ideas.

Os que estean dispostos a afrontar este reto, pregámoslles que se poñan en contacto con nos o antes posible para comentar o  procedemento e os pasos a seguir.

Antes de que remate o curso, convocaremos unha asemblea co  fin de aprobar unha modificación dos estatutos que axude a simplificar a formación do equipo directivo desta asociación e a elección da nova xestora da Anpa As Brañas, para que poida facerse cargo dende o inicio do novo curso.

No caso de non conseguir una nova directiva, verémonos obrigados á disolución da asociación xa que non habería membros bastantes para formar o equipo necesario, polo que pregamos a vosa colaboración para manter un elemento tan importante da comunidade escolar.

 Moitas grazas pola vosa colaboración.

Anpa As Brañas

Concurso literario

O 23 de abril o Departamento de Lingua Castelá e Literatura entregou os premios do V Concurso Literario en conmemoración do día do libro.

Os premiados con cheques para a compra de libros foron:

- Categoría 1º, 2º e 3º ESO: Mateo García (1º premio) e Olga Rey (2º premio).

- Categoría 4º ESO e Bacharelato: Jimena Soutiño (1º premio) e Sául López (2º premio).

Distribuir contido


by Dr. Radut