Skip to Content

Emotiva despedida da nosa asistente de conversa, Fernanda.

Están a ser días de moita emoción no Fernando, e parte foi responsable a sorpresa de despedida por parte do alumnado e profesorado á nosa querida Fernanda Alexander, que por segundo ano consecutivo tivo a súa estadía como asistente de conversa no IES Fernando Blanco, e que agora pecha esta fermosa etapa.

Botaremoste todas/os moito de menos.

 

 

 

 

Tuéjele Teatro no XXV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.

O pasado luns día 3 de xuño o grupo de teatro do IES Fernando Blanco levou a súa proposta de  "Os vellos non deben de namorarse" ao XXV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña e que se está a levar a cabo no IES Rosalía Mera de A Coruña onde unha vez máis quedou reflexado a grande talento da nosa compañía. 

Parabéns

 

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN CASTELAO GRAFISTA. CONCELLO DE CEE

Na casa da Cultura do Concello de Cee, o pasado xoves 30 de maio, tivo lugar a inauguración da Exposición " Castelao Grafista", de A Fundación Obra Social Abanca, á que asistiu o alumnado de 3º ESO do IES Fernando Blanco. Estará aberta ao público até o vindeiro 29 de xuño.

Ao rematar a inauguración, o alumnado asistente organizado en dous grupos, participou en dous talleres formativos sobre a obra e vida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Esta exposición enmárcase na iniciativa "Cultura por Alimentos" que Afundación leva a cabo coa federación Española de Bancos de Alimentos e pretende aportar alimentos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos Local.

 

 

 

ESCULTURAS NA AREA. A LANZADA

 

Alumnado de 1º da ESO, grazas a organización do Dpto. de Debuxo, viaxou até A Lanzada no Concello de O Grove para defrutar dunha xornada artistica no areal desta mítica praia das Rías Baixas. Alí deseñaron e plasmaron en area fermosas esculturas relacionadas co medio mariño.

 

 

1º PREMIO CONCURSO MURAIS DO LAR

A Comunidade Educativa do IES Fernando Blanco non pode estar máis contenta. O noso mural gañou o 1º premio do concurso do Lar!!!!

 

Recomendamos botarlle un ollo á fermosa memoria de Puri e Monchiño sobre este traballo.

Memoria

 

En prensa: https://www.diariodebergantinos.com/articulo/cee/ies-fernando-blanco-gan... https://galego.elcorreogallego.es/concellos/2024/06/07/conserveira-ies-f... https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2024/06/08/conservera-...

II DÍA DA CIENCIA NA RÚA. CLUB DE CIENCIA

 

 

Un curso máis o Club de Ciencia do IES Fernando Blanco  organizou con gran éxito o Día da Ciencia na rúa. Unha xornada onde foron presentados unha treintena de experimentos científicos.

Na convocatoria do pasado mércores 29 de maio  alumnado e docentes de diferentes centros educativos da contorna ( IES Agra de Raíces, CPR Manuela Rial Mouzo, IES Fin do Camiño, IES Ramón Caamaño, IES Lamas de Castelo e IES Fernando Blanco)  foron presentando por grupos os seus proxectos aos visitantes que se ían acercando ao pavillón de deportes do Concello de Cee.

Entre os proxectos atópase un simulador de ascensor, unha máquina que resolve sudokus, un panel de neumática, como funcionan algúns elementos dun coche, un levitador ultrasónico, experimentos de magnetismo, óptica e mecánica, un rosco científico, a creación dun reloxio de sol, un obradoiro de instrumentos musicais, un obradoiro de cosméticos naturais, creación de “pasta de dentes de elefante”, enganos que podemos atopar sobre o contido de amidón en alimentos, experiencias con termoeléctricos, unha maqueta dunha célula, diversos proxectos de tecnoloxía, diversos xogos matemáticos, que é unha braquistócrona, medidas de pH, experiencias que teñen que ver ca densidade, ca tensión supercial dos líqudos entroutras actividades máis.

Parabéns a todas/os os partipantes.

 

 

TUÉJELE TEATRO. OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE

 

Este curso o alumnado do grupo de teatro do IES Fernando Blanco, Tuéjele Teatro, traballaou na considerada como unha das principais pezas da dramaturxia galega, " Os vellos non deben de namorarse" de Castelao.

O pasado venres 24 de maio, dentro do programa da I Semana das Artes Escénicas levouse a cabo a súa estrea.  Un fantástico traballo de interpretación do noso alumnado acompañado de música en directo que deleitou ao público reunido no salón de actos do noso centro.

Ao día seguinte, nunha actividade de convivencia co grupo de teatro do IES de Brión, Teatro das Maniotas, que nos acompañou na I Semana das Artes Escénicas,  a nosa compañía representou de novo esta obra nese concello.

Parabéns polo traballo realizado.

 Fotografías facilitadas polo grupo de teatro, Teatro das Maniotas do IES de Brión.

Álbum: Web -> TUÉJELE TEATRO. OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE

I SEMANA DAS ARTES ESCÉNICAS

 

 

 

A pasada semana no IES Fernando Blanco tivemos uns días ben animados. Tal como viñemos anunciando celebramos a I Semana das Artes Escénicas grazas ao traballo do grupo de teatro do noso centro, Tuéje Teatro en coordinación coa vicedirección do centro.

Nesta semana a comunidade educativa do Fernando Blanco e o público en xeral da contorna tiveron a ocasión de desfrutar de diferentes obras teatrais e comprobar o grande talento dos compoñentes das compañías de teatro escolar, profesional e afecionado dos diferentes lugares da provincia que nos acompañaron durante esta semana.

O broche final correu a cargo do grupo de teatro Tuéjele Teatro coa estrea da obra "Os vellos non deben de namorarse" onde quedou plamado o gran traballo que hai detrás dun gran éxito

Agradecer a Farándula Velutina, Casa Hamlet, Teatro das Maniotas e Escola Municipal de Corcubión por poñer á nosa disposición  a vosa arte e o voso tempo.

Parabéns a todas e todos e longa vida á Semana das Artes Escénicas no Fernando Blanco.

 

VISITA CEIP PLURILINGÜE SANTA EULALIA DE DUMBRÍA, ALUMNANDO CULTURA CLÁSICA. PROXECTO INTERESCOLAR

 

 

O pasado mércores 15 de maio, o noso alumnado de Cultura Clásica visitou o CEIP Santa Eulalia de Dumbría, respondendo así á invitación que nos fixo o profesorado deste colexio cando estiveron no noso centro presentando o seu proxecto "Xogos Olímpicos e Paralímpicos Dumbría 2024".

Nesta xornada compartida cos pequenos e pequenas de Dumbría o noso alumnado participou nunha xincana das Letras Galegas relacionadas cos Xogos Olímpicos.

Moitas grazas pola acollida. 

 

                                                                                   

EQUIPOS FINALISTAS XIII OLIMPÍADA CULTURAL "O SABER TEN PREMIO"

Rematadas xa todas as probas clasificatorias da XIII edición da Olimpiada Cultural " O Saber ten premio" os equipos que desputará a gran final que terá lugar o vindeiro 14 de xuño son:

 

OS ALDEÁNS

ESPAZO EN BRANCO 

AFE

 

Parabéns a todos os equipos e a o seu profesorado

 

Distribuir contido


by Dr. Radut