VISITA CEIP PLURILINGÜE SANTA EULALIA DE DUMBRÍA, ALUMNANDO CULTURA CLÁSICA. PROXECTO INTERESCOLAR
O pasado mércores 15 de maio, o noso alumnado de Cultura Clásica visitou o CEIP Santa Eulalia de Dumbría, respondendo así á invitación que nos fixo o profesorado deste colexio cando estiveron no noso centro presentando o seu proxecto "Xogos Olímpicos e Paralímpicos Dumbría 2024".
Nesta xornada compartida cos pequenos e pequenas de Dumbría o noso alumnado participou nunha xincana das Letras Galegas relacionadas cos Xogos Olímpicos.
Moitas grazas pola acollida.